Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 23 de novembro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 325 de clasificación do monte Vaos, pertencente ó lugar de Pazos, parroquia de Vaos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 325 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte Vaos.

Comunidade: lugar de Pazos.

Parroquia: Vaos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 70,75 ha.

Lindeiros:

Coincide coa parcela I do monte Vaos, nº 103-C do C.U.P.

Norte: co ría Xallas, desde o piquete nº 1 ó 6, seguindo a orde de piquetes.

Leste: con propiedades particulares e encoro de Fervenza, desde o piquete nº 6 ata o 33 seguindo a orde de piquetes.

Sur: co monte público Corzón, desde o piquete nº 33 ó 39 seguindo a orde de piquetes.

Oeste: con propiedades particulares de Couquiño, no concello de Dumbría, desde o piquete nº 39 ó 47 seguindo a orde de piquetes, e deste ó nº 1.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 23 de novembro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 23 de novembro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

95-8296