Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 28 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias 158/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, e presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197-Lugo.

ANEXO

Expediente: 158/1995.

Denunciado: José Vázquez Fernández.

DNI nº: 34.424.178.

Último enderezo coñecido: Rúa Lepanto, 29-2º, Ourense.

Feitos imputados: transporte de animais no vehículo OR-9533-E, carecendo de autorización oficial de traslado, do xustificante de limpeza e desinfección do vehículo e do documento acreditativo de te-lo vehículo autorizado polo Servicio de Sanidade e Producción Animal da Delegación de Agricultura para o transporte de gando.

-Tipificación infracción:

Precepto infrinxido: artigos 1, 7 e 12 do Decreto 355/1994 e artigo 52 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: 212 e 215 do Regulamento de epizootias.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 ptas.

Lugo, 28 de novembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

95-8295