Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 27 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-287/1994, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-287/1994.

Denunciado: Darío Rodríguez Pérez.

DNI nº: 9.519.392.

Último enderezo coñecido: Praza do Bierzo, 4-1º D, León.

Feitos imputados: transporta-lo día 26 de outubro de 1994, no vehículo matrícula LE-0111-T, dúas mil cento corenta aves, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria e do documento acreditativo de te-lo vehículo dado de alta na Delegación de Agricultura para o transporte de gando.

-Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 32 e 52.

Precepto sancionador: artigo 212.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 15.000 pesetas.

Lugo, 27 de novembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9508294