De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.
En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:
Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.
ANEXO
Expediente: LU-25/1995.
Denunciado: Cunigal.
Último enderezo coñecido: rúa Tenente Coronel Noreña, 33, Madrid.
Feitos imputados: transporta-lo día 4 de marzo de 1995, no vehículo matrícula LU-3559-H, conducido por Ángel Eiras Cascudo, mil cincocentos coellos, carecendo do documento acreditativo de te-lo vehículo dado de alta na Delegación de Agricultura para o transporte de gando.
-Tipificación infracción Regulamento de epizootias:
Precepto infrinxido: artigo 52.
Precepto sancionador: artigo 215.
Cualificación infracción: menos grave.
Sanción imposta: 15.000 pesetas.
Lugo, 27 de novembro de 1995.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado Provincial de Lugo
95-08293