Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación de consultoría e asistencia para os servicios técnicos de coordinación e valoración das reclamacións presentadas polo sinistro do buque Aegean Sea, na costa galega, acollido ó sistema de tramitación anticipada de expedientes de gasto (Orde do 2-6-1986, da Consellería de Economía e Facenda, DOG número 118, do 19-6-1986).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de consultoría e asistencia para os servicios técnicos de coordinación e valoración das reclamacións presentadas polo sinistro do buque Aegean Sea, na costa galega, polo procedemento aberto por concurso, cun orzamento máximo de nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: doce (12) meses, rematando en todo caso o 31-12-1996.

Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, en días e horas de oficina nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, así como nas súas delegacións territoriais.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral desta consellería, así como nos rexistros das súas delegacións territoriais. O prazo de admisión finalizará ás catorce (14) horas do primeiro día hábil no que se cumpran trece (13) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce (14) horas do seguinte día hábil. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se comunique a presentación da oferta.

A apertura de proposicións terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas, ás dez (10) horas. No caso en que o dito

día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do orzamento de licitación.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

8363