Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 223

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (162/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia a Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber: que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 162/1995 se dictou sentencia con data do vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e cinco, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 162/1995, entre partes: dunha, como demandante, a entidade Banco Español de Crédito, S.A., domiciliada en Madrid, representada nos autos pola procuradora Goimil Martínez, asistida do letrado Varela Ferreiro, e da outra, como demandados, José María Veloso Castaño, maior de idade, veciño desta cidade, con domicilio na r/ Rosalía de Castro, 109, portal 1, 5º dta., O Milladoiro (Ames), e Ana Díaz Albo, maior de idade, veciña que o foi desta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra José María Veloso Castaño e Ana Díaz Albo, facendo remate dos bens embargados e que se lles embarguen, e co seu producto, enteiro e cumprido pago á parte executante, Banco Español de Crédito, S.A., da suma principal de 524.629 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, á que lle será notificada esta resolución na forma que dispón a lei para os rebeldes, facéndolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, José María Veloso Castaño e Anada Díaz Albo, expido este edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o dezasete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8399