De conformidade co establecido no artigo 7.2º b) do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia-1994 (DOG nº 249, do 28 de decembro de 1994), e en uso das atribucións conferidas no mesmo artigo da citada norma, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.
Segundo.-Poderán concorrer a el os laborais fixos da Xunta de Galicia que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae, e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.
Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG.
Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo de toma de posesión o persoal está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o cómputo daqueles comezará o día seguinte ó da reincorporación ó posto de traballo.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.
Oitavo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1995.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia, Muller e Xuventude
ANEXO I
Núm. posto: 1.
Código do posto: FA.C99.40.201.15770.001.
Plus convenio: 549.132.
Grupo: II.
Categoría: (1).
Denominación do posto: director da Casa da Xuventude.
Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.
Localidade: Santiago de Compostela.
Requisitos indispensables: laboral fixo da Xunta de Galicia.
7902