Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 27 de decembro 1995 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a realización de contratacións laborais de carácter temporal correspondentes ós servicios de defensa contra incendios forestais durante 1996.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ten encomendada a execución das medidas e accións contra os incendios forestais que lle corresponden á Xunta de Galicia segundo os Plans INFOGA, para o que é preciso efectuar contratos de traballo de duración determinada para obra ou servicio ó abeiro do establecido no artigo 2 do R.D. 2546/1994, do 29 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratación, tal como ten establecido a xurisprudencia (sentencias do Tribunal Supremo do 10 de xuño e 3 de novembro de 1994, e do 10 de abril de 1995, entre outras, en recursos de casación para a unificación de doutrina).

A devandita xurisprudencia tamén resaltou a autonomía e substantividade que, en relación coa actividade normal da Administración, ten cada unha das campañas que organiza, a súa duración incerta, así como a peculiaridade propia de cada unha delas, dependendo do seu condicionante orzamentario, de factores climáticos e do específico e concreto obxectivo a que atende.

O acordo sobre aplicación do convenio colectivo único da Xunta de Galicia ós traballadores contratados eventualmente para obra ou servicio determinado do Plan INFOGA, establece no apartado II.2 que «o sistema de selección terá carácter anual e baremo propio no que se prime a experiencia e o coñecemento do terreo, para garanti-la eficiencia e rapidez da mobilización do persoal comprendido entre os 18 e 65 anos, sempre que acrediten, na forma que se estableza, a capacidade física precisa para o desempeño do traballo, sen prexuízo dos cambios que poidan producirse en función dos específicos e concretos obxectivos anuais», e que «este sistema de acceso ós contratos para obra ou servicio

determinado realizarase con respecto ós principios de mérito e capacidade, e só se terá en conta para acceder ó Servicio de Defensa contra Incendios Forestais», así como que «na orde anual na que se concrete o devandito sistema de selección regularanse as condicións e requisitos da mobilidade funcional, que responderá a necesidades excepcionais e perentorias e durará o tempo mínimo imprescindible».

Por todo o exposto, consonte o disposto nos artigos 27.30 e 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como no Decreto 205/1990, do 15 de marzo, na orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 13 de decembro de 1993, no acordo sobre aplicación do convenio colectivo único da Xunta de Galicia ós traballadores contratados eventualmente para obra ou servicio determinado do Plan INFOGA, na restante normativa de aplicación, e oído o Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Para a provisión de efectivos eventuais nos servicios de defensa contra incendios forestais durante o ano 1996, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes confeccionará as pertinentes relacións de persoal capacitado para realiza-las diferentes tarefas, ordenándoas de xeito prelativo. Elaboraranse tantas relacións como comarca, zonas, concellos ou, se é o caso, provincias, segundo as necesidades, haxa de actuación de defensa contra incendios forestais, e dentro delas agruparanse por categorías profesionais. Para a execución dos traballos propios do servicio de defensa contra incendios forestais corresponderalle á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes o transporte do referido persoal, que poderá efectuarse tanto por medios aéreos como terrestres. Por necesidades do servicio debidas a circunstancias imprevisibles, o persoal contratado poderá desenvolve-los seus labores en zonas distintas a aquelas ás que estivese adscrito.

Artigo 2º

1. Os solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos de carácter xeral:

-Ser maior de idade.

-Non padecer lesións de corazón, pulmón ou intestinais, trastornos psicolóxicos, incapacidades relativas ó aparello locomotor, enfermidades infecto-contaxiosas, obesidade, cegueira e xordeira, sempre que a xuízo do facultativo impida o desenvolvemento dos traballos de defensa contra incendios.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario

2. Os requisitos particulares para acceder ás distintas categorías, que a continuación se detallan, serán os seguintes:

a) Técnico forestal de defensa contra incendios forestais, grupo II: enxeñeiro técnico forestal e carné de conducir B-1. Para estos efectos, considerarase habilitante a titulación de enxeñeiro de montes.

b) Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais, grupo III: capataz forestal ou ter participado, desde o ano 1991, en tres campañas de máximo risco completas nesta ou análoga categoría profesional na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia, e carné de conducir B-1.

c) Operador/codificador de datos de defensa contra incendios forestais, grupo IV: graduado escolar ou FP1 (rama administrativa).

d) Conductor de autobomba de defensa contra incendios forestais, grupo IV: graduado escolar ou ter participado, desde o ano 1991, en tres campañas de máximo risco completas nesta ou análoga categoría profesional na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia, e carné de conducir C-1.

e) Emisorista de defensa contra incendios forestais, grupo V: certificado de escolaridade.

f) Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais, grupo V: certificado de escolaridade.

g) Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais, grupo V: certificado de escolaridade e carné de conducir B-1.

h) Peón conductor de defensa contra incendios forestais, grupo V: certificado de escolaridade e carné de conducir B-1

i) Peón non conductor de defensa contra incendios forestais, grupo V: certificado de escolaridade.

Artigo 3º

A partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ábrese un prazo de quince días naturais para que as persoas interesadas presenten as súas solicitudes con vistas a realiza-las contratacións laborais de carácter temporal dependentes desta consellería que se establezan con motivo da campaña de loita contra os incendios forestais durante 1996.

Artigo 4º

1. Os candidatos deberán dirixi-la súa solicitude, segundo o modelo establecido no anexo I, á delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes que corresponda, e poderá presentarse en calquera dos rexistros ou oficinas enumeradas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

2. Cada persoa só poderá presentar unha única solicitude referida a unha soa comarca, zona, concello ou provincia, segundo corresponda de conformidade co anexo III, e a unha soa categoría profesional.

3. A relación das distintas categorías profesionais de cada comarca, zona, concello ou provincia de que se trate, publicarase nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e das oficinas provinciais e comarcais do servicio de defensa contra incendios forestais.

4. Xunto coa solicitude normalizada, os aspirantes deberán aportar:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Fotocopias dos requisitos de titulación e do permiso de conducción da categoría C-1 ou B-1 esixidos en cada caso.

c) Fotocopia da documentación acreditativa dos méritos alegados e que se sinalan no baremo inserto no anexo II. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

d) Certificado médico en impreso oficial, onde se acredite que o aspirante reúne os requisitos de saúde establecidos con carácter xeral no artigo 2.1º, e que resulta idóneo para levar a cabo o conxunto de traballos encamiñados á defensa contra incendios forestais.

e) Xustificante de ter aboadas as taxas por inscrición nas convocatorias para selección de persoal da Xunta de Galicia, expedido pola entidade bancaria correspondente.

As cantidades que se deberán aboar con carácter previo á presentación das solicitudes, en concepto de taxas, serán as seguintes:

-Grupo II: 8.025 ptas.

-Grupo III: 6.880 ptas.

-Grupo IV: 5.735 ptas.

-Grupo V: 4.590 ptas.

De se-lo caso, tamén deberán aboarse os gastos de transferencia que correspondan, utilizándose para todo o exposto o impreso de autoliquidación de taxas sinalado no anexo IV.

O citado impreso seralles facilitado ós interesados nos rexistros das respectivas delegacións provinciais da consellería, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo IV.

O importe aboado como taxa, en concepto de dereitos de inscrición, devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes que resulten excluídos por non reuniren os requisitos da convocatoria e que o soliciten no prazo dun mes a partir da exposición das correspondentes relacións.

5. Os aspirantes deberán aportar cotexados tódolos documentos dos que facilitaren fotocopia.

Artigo 5º

As solicitudes correctamente presentadas serán analizadas baixo a dirección e supervisión da comi

sión de avaliación constituída en cada provincia, que estará composta por cinco membros, dos que dous serán designados polo Comité de Empresa e os outros tres pola secretaría xeral da consellería. Dita comisión deberá constituírse no prazo máximo de 15 días desde a data en que finalice o período de presentación de instancias.

A confección das distintas relacións farase segundo os ámbitos territoriais e categorías profesionais establecidos, ordenando os aspirantes capacitados de acordo coa puntuación obtida de maior a menor pola aplicación do baremo recollido no anexo II da presente orde e coa que, no caso de que a Administración así o considere, resulte da superación daquelas probas prácticas, que para tal efecto tamén se recollen no devandito anexo II, que poidan celebrarse. No caso de empate, este dirimirase pola maior puntuación obtida como consecuencia da experiencia profesional.

Artigo 6º

As relacións de aspirantes admitidos nas distintas categorías profesionais de cada zona de traballo publicaranse nos taboleiros de anuncios a que se refire o artigo 4, apartado 3º.

Artigo 7º

1. Os aspirantes, antes de seren requiridos para a súa incorporación efectiva, deberán superar unha proba física de capacitación, que será especificada nos taboleiros de anuncios a que se refire o artigo 4, apartado 3º, co resultado de apto ou non apto, conforme cos parámetros fixados pola comisión de avaliación, co asesoramento de persoal especializado.

2. Do indicado no apartado anterior exceptúanse os aspirantes incluídos nas listas de operador-codificador de datos e de emisorista de defensa contra incendios.

Artigo 8º

1. Conforme vaia sendo necesaria a contratación do persoal previsto no Plan INFOGA e se as dotacións orzamentarias o permiten, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes contratará, pola súa orde estricta, o persoal que, unha vez superada a correspondente proba física, se é o caso, figure na respectiva relación.

2. Para o chamamento poderase utilizar calquera medio e no suposto de que o empregado non fose suficiente practicarase por aqueloutros que permitan ter constancia da súa recepción polo interesado no prazo máis breve posible. A contestación ó devandito chamamento deberá producirse no prazo máximo de corenta e oito horas desde a súa recepción. Transcorrido o dito prazo sen producirse, consideraranse decaídos no seu dereito e serán eliminados da correspondente relación.

3. No suposto de situacións de extrema urxencia e necesidade que demanden unha citación inmediata, bastará a declaración xurada de dous funcionarios da consellería no sentido de que tal chamamento foi efectuado.

4. No suposto de esgotarse o persoal que figure na relación dunha comarca, zona, concello ou provincia, segundo se trate, seguirase o procedemento previsto no artigo 7.6º b) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, coa salvidade de que o órgano de selección e o baremo serán en todo caso os establecidos na presente orde.

Artículo 9º

Sen prexuízo de que se poidan rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes, a convocatoria, as súas bases e cantos actos se deriven dela e da actuación dos órganos de selección, poderán ser impugnados polos interesados no prazo e na forma establecidos na lexislación que sexa de aplicación.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para os efectos de unifica-los criterios referentes á confección das correspondentes relacións en toda a Comunidade Autónoma, crearase unha comisión central, composta por dous representantes do Comité Intercentros e tres representantes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes designados pola secretaría xeral.

Segunda.-As contratacións que poidan derivarse desta orde faranse, se existe habilitación legal e dispoñobilidades orzamentarias para iso, en función do ritmo que impoñan as necesidades do servicio de defensa contra incendios forestais.

Disposición transitoria

En tanto non sexan elaboradas as relacións de persoal declarado apto, a contratación do persoal imprescindible efectuarase tomando como referencia as relacións confeccionadas en 1995.

Disposición derradeira

A presente orde terá efectos desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239 do 14 de setembro)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE PARA CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS DOS SERVICIOS DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

1. Categoría profesional á que se opta (unha única categoría).

2. Zona, concello ou provincia, segundo corresponda, en que se desexa traballar (unha única zona, concello ou provincia).

3. Datos e circunstancias persoais:

-Apelidos e nome:

-Enderezo:

-Concello de residencia:

-Teléfono:

-Lugar e data de nacemento:

-Fillos:

-D.N.I.:

-Nº de afiliación á Seguridade Social:

-Desemprego (antigüidade):

-Nº de persoas sen ingresos ó seu cargo:

-Nº de persoas diminuídas ó seu cargo:

4. Datos academicos:

-Título oficial na especialidade do posto de traballo a que se opta:

-Outras titulacións:

-Cursos:

-Denominación Duración do curso (horas).

5. Experiencia profesional:

-Posto de traballo na Administración:

-Categoría:

-Data de inicio e remate da relación profesional:

, dede 199

Asdo.:

Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS PARA AS CONTRATACIÓNS TEMPORAIS DOS SERVICIOS DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

1. datos e circunstancias persoais:

A) Residencia habitual en calquera dos concellos, zona ou provincia a que se opta (xustificada mediante certificación do padrón municipal)2,00 puntos.

B) Desemprego:

Por cada mes0,01 puntos ata un máximo de 0,4 puntos.

C) Situación familiar:

Por cada persoa sen ingresos ó seu cargo (menor de 18 anos)0,25 puntos

Por cada persoa diminuída ó seu cargo e sen ingresos superiores ó S.M.I.0,50 puntos.

A puntuación máxima deste apartado será de 4 puntos.

2. Méritos académicos:

A) Titulación oficial na especialidade do posto de traballo a que se opta15,00 puntos.

B) Cursos homologados de defensa contra incendios forestais:

De ata 10 horas0,10 puntos.

De 10 a 20 horas0,20 puntos.

De máis de 20 horas0,50 puntos.

A puntuación máxima por cursos será de 4 puntos.

C) Cursos de galego recoñecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

De iniciación0,25 puntos.

De perfeccionamento0,50 puntos.

(Non se valora o de iniciación se se ten o de perfeccionamento).

3. Experiencia profesional:

A) Exercicio profesional desde o ano 1991 na mesma ou análoga categoría á que se opta, na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia0,75 puntos (por mes ou fracción).

B) Exercicio profesional desde o ano 1991 en categoría distinta á que se opta, na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia 0,15 puntos (por mes ou fracción).

C) Exercicio profesional desde o ano 1991 na mesma ou análoga categoría á que se opta, na defensa contra incendios forestais noutras administracións públicas en Galicia 0,10 puntos (por mes ou fracción).

4. Coñecementos prácticos:

Só para as categorías de: operador/codificador, conductor de autobomba, emisoristas e vixilantes fixo e móbil.

Proba práctica eliminatoria sobre as funcións e maquinaria a empregar en cada caso, sendo 4 puntos a puntuación mínima esixidade 0 a 10 puntos.

-Operador/Codificador de datos: coñecemento práctico dos sistemas operativos MS-DOS e UNIX e, ademais, experiencia en base de datos relacional INFORMIX.

-Conductor de autobomba (C-1): coñecemento práctico no manexo de autobombas dos servicios

de defensa contra incendios forestais e vehículos todoterreo.

-Emisorista: coñecemento práctico de transmisión e recepción das comunicacións vía radio-telefónica utilizadas nos servicios de defensa contra incendios forestais.

-Vixilante fixo e móbil: coñecemento práctico do terreo e a súa representación cartográfica, así como dos procedementos de aviso e detección utilizados nos servicios de defensa contra incendios forestais.

ANEXO III

ZONAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

ComarcaZonaConcellos

ArzúaMelideArzúa, Melide, O Pino, Santiso, Touro
SobradoBoimorto, Curtis, Sobrado, Toques, Vilasantar
BetanzosArangaAranga, Coirós, Betanzos, Oza dos Ríos,

Cesuras

PontedeumePontedeume, Miño, Vilarmaior, Monfero,

Irixoa, Paderne

As Pontes de

García Rguez.

As Pontes de G. Rguez., Capela, Cabanas
CarballoCambreCambre, Oleiros, Sada, Bergondo,

Abegondo, Carral

LarachaA Coruña, Culleredo, Laracha, Arteixo
CoristancoCoristanco, Carballo, Malpica, Ponteceso
NoiaNegreiraVal do Dubra, A Baña, Ames, Brión,

Negreira, Outes

A Pobra do C.Boiro, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal,

Rianxo, Ribeira

PadrónDodro, Lousame, Noia, Padrón, Rois
OrdesSantiago de C.Boqueixón, Oroso, Santiago de Compostela

Teo, Vedra

TordoiaCerceda, Frades, Mesía, Ordes,

Tordoia, Trazo

OrtigueiraCedeiraCariño, Cedeira, Mañón, Ortigueira
MoecheMoeche, Cerdido, Valdoviño,

As Somozas, San Sadurniño

FerrolNarón, Neda, Fene, Ferrol, Mugardos, Ares
VimianzoDumbríaCamariñas, Dumbría, Muxía, Vimianzo
MazaricosCarnota, Cee, Corcubión, Fisterra,

Mazaricos, Muros

Santa CombaCabana, Laxe, Santa Comba, Zas

ZONAS DA PROVINCIA DE LUGO

ComarcaZonaConcellos

BecerreáBecerreáBaralla, Becerreá, As Nogais, Pedrafita
CervantesCervantes, Navia de Suarna
ChantadaChantadaCarballedo, Chantada, O Saviñao
MonterrosoAntas de Ulla, Monterroso, Portomarín,

Taboada

A FonsagradaA FonsagradaA Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira
LugoO CorgoCastroverde, O Corgo, Lugo
Palas de ReiFriol, Guntín, Palas de Rei
MeiraCospeitoAbadín, Cospeito, A Pastoriza
MeiraCastro de Rei, Meira, Pol, Ribeira de Piquín
MondoñedoA PontenovaMondoñedo, A Pontenova, Riotorto
RibadeoBarreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada
MonforteMonforteBóveda, Monforte, Pantón, Sober
QuirogaQuiroga, Ribas de Sil, A Pobra de Brollón,

Folgoso do Courel

SarriaSamosO Incio, Samos, Triacastela
SarriaLáncara, Paradela, O Páramo, Sarria
VilalbaBegonteBegonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade
VilalbaVilalba, Xermade
ViveiroCervoAlfoz, Cervo, Foz, O Valadouro
ViveiroMuras, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove

ZONAS DA PROVINCIA DE OURENSE

ComarcaZonaConcellos

BandeEntrimoEntrimo, Lobeira, Lobios
MuíñosBande, Muíños
CelanovaCelanova, A Bola, Verea
O BarcoA RúaLarouco, Petín, A Rúa,

Vilamartín de Valdeorras, O Bolo

A VeigaA Veiga
O BarcoO Barco de Valdeorras, Rubiá, Carballeda
O CarballiñoAviónAvión, Beariz, Boborás, O Irixo
RibadaviaBeade, Carballeda de Avia, Cenlle,

Leiro, Melón, Punxín, Ribadavia, San Amaro

VilamarínAmoeiro, O Carballiño, Coles, Maside,

A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín

Castro

Caldelas

ManzanedaChandrexa de Queixa, Manzaneda,

A Pobra de Trives, Río

MontederramoCastro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil,

A Teixeira

MacedaAllarizAllariz, Baños de Molgas, Paderne de Allariz,

Xunqueira de Ambía

Vilar de

Barrio

Maceda, Vilar de Barrio, Xunqueira de

Espadanedo

OurenseCortegadaArnoia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cortegada,

Gomesende, A Merca, Padrenda, A Pontenova,

Quintela de Leirado, Ramirás, Toén

Nogueira

de Ramuín

Barbadás, Esgos, Nogueira de Ramuín,

Ourense, Pereiro de Aguiar, San Cribrao

das Viñas, Taboadela

VerínLazaLaza, Cualedro
VilardevósVerín, Vilardevós, Riós
Castrelo

do Val

Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra
Viana

do Bolo

A GudiñaA Gudiña, A Mezquita
Vilariño

de Conso

Viana do Bolo, Vilariño de Conso
Xinzo

de Limia

BaltarBaltar, Os Blancos, Calvos de Randín,

Porqueira

SarreausRairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus,

Trasmiras, Vilar de Santos, Xinzo de Limia

ZONAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

ComarcaZonaConcellos

LalínA EstradaCerdedo, A Estrada, Forcarei
RodeiroDozón, Lalín, Rodeiro
SilledaAgolada, Silleda, Vila de Cruces
PonteareasA CañizaArbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente
MondarizMondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas
Salvaterra

de Miño

As Neves, O Porriño, Salceda de Caselas,

Salvaterra de Miño

RedondelaCotobadeCotobade, A Lama
MosNigrán, Redondela, Vigo, Mos
Ponte-CaldelasFornelos de Montes, Pazos de Borbén,

Ponte-Caldelas, Soutomaior

TuiGondomarBaiona, Gondomar, Tui
O RosalA Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño
Vilagarcía

de Arousa

CangasBueu, Cangas, Marín, Moaña, Pontevedra,

Vilaboa

MeañoCambados, Catoira, O Grove, Meaño, Meis,

Poio, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de

Arousa, Vilanova de Arousa

MorañaBarro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis,

Moraña, Pontecesures, Portas, Valga

9508323