Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 203

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4169 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Pacardar Noroeste, S.A., con domicilio en r/ Brasil, 56, Vigo (Pontevedra), en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. para a fábrica de pezas de formigón en Outeiro de Rei, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Pacardar Noroeste, S.A., a instalación de liña de media tensión aérea a 20 kV, con conductor LA-56, con apoios de formigón e unha lonxitude de 461 metros. Centro de transformación tipo

intemperie de 75 kVA 20.000/380-220 V ±5%, para subministración de enerxía eléctrica á fábrica de pezas de formigón en Outeiro de Rei.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 23 de novembro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8495