Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores P-50/1995 e cinco máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos

expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1.-Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2.-O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3.-O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 24 de novembro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

PO-50/1995Elisardo Fernández González

San Luis, 40, Pontecesures

Incumpri-las prescricións establecidas para a pesca da lamprea con voitirón no último tramo do río Ulla o día 10-3-1995.Artigo 33.9º da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

Art. 33 da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

50.000 ptas. a pagar con outros tres denunciados
PO-78/1995Manuel González Romero

Alfonso IX, 3, 2º I,

Pontevedra

Pescar troitas de tamaño inferior ó regulamentario o día 26-3-1995, no río Parada.Artigo 33.9º da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

Art. 33 da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

5.000 ptas. e indemnización de 3.000 ptas.
PO-79/1995José Carlos García Pereira

Ramiráns, 13, O Porriño

Pescar sendo titular dunha licencia válida de pesca cando non se leve consigo esta e un documento acreditativo de súa identidade o día 26-3-1995, no regato Ribadelouro.Artigo 33.1º da Lei 7/1972,

de pesca fluvial

Art. 33 da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

2.000 ptas.
P-93/95Roberto González Fernández

Vilaverde, 174-Zamáns-Vigo

Estar en posesión de salmónidos cunha medida inferior á permitida o día 26-3-1995, no río ZamánsArt. 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial

Art. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

5.000 ptas. e indemnización de 3.000 ptas.
PO-229/1995Eugenio Rial Valverde

Guisande, 7, Gondomar

Pescar sen permiso de couto o día 19-5-1995, no río Zamáns.Artigo 34.10º

da Lei 7/1972,

de pesca fluvial

Art. 34 da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

50.001 ptas. e Inha. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

PO-280/1995José L. Peleteiro García

Rúa, 1, 2º, Cerdedo

Pescar sen licencia o día 12-6-1995.Artigo 34.1º da Lei 7/1972,

de pesca fluvial

Art. 34 da Lei 7/1992,

de pesca fluvial

50.001 ptas. e Inha. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

9508288