Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 24/95 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 24 de novembro de 1995.

P.A.

Susana Torres Brabo

Instructora

ANEXO

Expediente: E.N. 24/95.

Denunciado: Camilo Alonso París.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón Nieto, 14-3º C, Vigo.

Feito denunciado: circular cun vehículo polas dunas da Lanzada, sendo un espacio natural protexido, o día 14 de abril de 1995.

Precepto infrinxido: Art. 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: Art. 38, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 10.000 ptas.

8289