Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4097 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Reguenga, Arxemil, Senra, Carreira, Vilar, Vilacaiz, S. Xulián e Carballos (O Saviñao), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con orixe no C.T. de Mourelos e remate no C.T. de Senra, cunha lonxitude de 350 metros, en conductor LA-56, con apoios de formigón. Liña de media tensión con orixe no apoio nº 21 da L.M.T. Rosende, e remate no C.T. de Cerdeiro, cunha lonxitude de 336 metros. Liña de media tensión con orixe no apoio nº 31 da L.M.T. Feás e remate no C.T. Vilacaiz, cunha lonxitude de 158 metros. Tres centros de transformación de 100 kVA o de Senra e 50 kVA 20.000/398-230 V os de Cerdeiro e Vilacaiz, sobre apoios de formigón. Redes de baixa tensión cunha lonxitude de 7.308 metros e conductores R.Z.-95-50-25, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Reguenga, Arxemil, Senra, Carreira, Vilar, Vilacaiz, S. Xulián e Carballos, no concello do Saviñao.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 13 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7911