Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4334 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense , en solicitude de autorización para instalar desvío instalaciones eléctricas, variante C-546 coa C-533 en Monforte de Lemos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 158 metros, sobre apoios de formigón ou metálicos. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50, sobre apoios de formigón ou grampados en fachadas, para mellora do servicio eléctrico ás diversas localidades ó longo da estrada, variante C-546 coa C-533 tramo p.k.-56 + 300 o p.k.-118 + 460, no concello de Monformte de Lemos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 13 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7912