Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4102 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. y R.B.T. en Albeiras e Maxal, no concello de Taboada, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 2.147 metros, en apoios de formigón.Centro de transformación aéreo de 50 kVA 20.000/380-220 V ±2,5% ±5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-3x50/54 e 3x25/54, cunha lonxitude de 1.711 metros, para mellora do servicio eléctrico el Albeiras e Maxal, no concello de Taboada.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 10 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7907