Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 176

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4095 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Antas 1, Cibreiro, Rial e Timós, no concello de Antas de Ulla, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo

11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con orixe no C.T. de Agüela e remate no C.T. de Cibreiro, cunha lonxitude de 1.355 metros e conductor LA-56, en postes de formigón. Liña de media tensión con orixe no L.M.T. ó C.T. de Antas e remate no C.T. de Antas 1, cunha lonxitude de 32 metros. Liña de media tensión con orixe na L.M.T. ó C.T. de Ferreiros e remate no C.T. de Timós, cunha lonxitude de 30 metros. Tres centros de transformación, de 160 kVA o de Antas 1; 50 kVA o de Cibreiro e Timós de 20.000/398-230 V, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 2.986 metros, para mellora do servicio eléctrico en Antas 1, Cibreiro, Rial e Timós, no concello de Antas de Ulla.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 10 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7908