Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 176

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4094 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilares, Mato e Buriz, no concello de Guitiriz, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con orixe en P-21 da L.M.T. Vilares-Buriz e remate no C.T. proxectado en Cancelo, cunha lonxitude de 629 metros, en conductor LA-56, en postes de formigón. Liña de media tensión con orixe no P-21 L.M.T. Vilares-Mato-Penediño e remate no C.T. proxectado en Rego Pequeno, cunha lonxitude de 687 metros. Dous centros de transformación, de 50 kVA 15.000/4000-231 ±2,5% ±5% V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 694 metros a de Cancelo; 982 metros a de Rego Pequeno e 922 metros a de Buriz, para mellora do servicio eléctrico en Vilares, Mato e Buriz, no concello de Guitiriz.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 10 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7906