Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de xuño de 1994 pola que se modifican centros públicos de educación preescolar/infantil e primaria/EXB, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 139, do 20 de xullo de 1994, cómpre efectua-las correspondentes correccións:

Na páxina 4.835, centro de educación preescolar gardería infantil de Campolongo, do concello de Pontevedra, onde di: «supresión de 2 postos de preescolar/infantil», non procede tal supresión. Polo tanto o centro non desaparece contando con 2 unidades de preescolar que se corresponden con 2 postos de traballo.

Na páxina 4.835, centro de educación preescolar Xardín Calvo Sotelo-O Toxo, do concello de Pontevedra, onde di: «supresión de 1 posto de educación preescolar/infantil», non procede tal supresión. Polo tanto o número de unidades é de 2 de preescolar que se corresponden con 2 postos de traballo.

9508456