Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995 pola que se convocan varias actividades de formación para o persoal ó servicio da Administración autonómica de Galicia.

Conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúnciase a convocatoria dos cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e currículum segundo o modelo que se sinala para cada curso no anexo I.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A correspondente documentación dirixirase á EGAP, rúa de Madrid, nº 2-4 (polígono das Fontiñas), 15703 Santiago de Compostela, e presentarase no rexistro da EGAP, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebran en distintas localidades terá

preferencia o persoal dos servicios respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Certificacións de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia á clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen supera-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso. Unha inasistencia superior ó 20%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Ós asistentes que superen as probas que determine a EGAP outorgaráselles unha certificación de aproveitamento.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

CURSOS DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN Ó CIDADÁN PARA O GRUPO E DA XUNTA DE GALICIA

1. Obxectivos.

Os cursos teñen por finalidade a mellora das relacións das administracións cos cidadáns e pretenden conseguir novas pautas de comportamento dos funcionarios públicos.

2. Destinatarios.

Persoal de administración do grupo E da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que teña relación co contido do curso e non teña recibido formación nesta materia; circunstancias que deberán acreditarse mediante certificación do xefe do centro directivo correspondente.

3. Criterios de selección.

Os criterios selectivos que se terán en conta son os que se fan públicos no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Horarios: de 17, a 21, horas.

4.3. Prazas: 25.

4.4. Lugares, datas e fin do prazo de presentación de instancias.

LugaresDatasFin do prazo

Verín 18, 20, 21, 25, 26 e 27 de marzo26-2-96

Vigo8, 9, 10, 15, 16 e 17 de abril26-2-96

Celeiro22, 23, 24, 29 e 30 de abril; 1 de maio18-3-96

Santiago de C.3, 4, 5, 10, 11 e 12 de xuño29-4-96

Lugo17, 18, 19, 24, 25 e 26 de xuño29-4-96

Ourense23, 24, 25 e 30 de setembro; 1 e 2 de outubro3-6-96

Pontevedra7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro3-6-96

A Coruña28, 29 e 30 de outubro; 4, 5 e 6 de novembro3-6-96

Ferrol9, 10, 11, 16, 17 e 18 de decembro3-6-96

5. Contido básico.

A relación interpersoal. Descrición e análise do proceso de comunicación. Tipos de comunicación. Obstáculos á comunicación e forma de superalos. A comunicación telefónica. O dereito á información e atención ó cidadán. O sistema de información administrativa e atención ó cidadán na Xunta de Galicia.

6. Solicitudes.

O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e o currículum segundo o modelo do anexo IV.

CURSOS DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN Ó CIDADÁN PARA OS GRUPOS C E D DA XUNTA DE GALICIA

1. Obxectivos.

Os cursos teñen por finalidade a mellora das relacións das administracións cos cidadáns e pretende conseguir novas pautas de comportamento dos funcionarios públicos nas súas comunicacións cos cidadáns.

2. Destinatarios.

Persoal de administración dos grupos C e D da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas que teña relación co contido do curso e non teña recibido formación nesta materia; circunstancias que deberán acreditarse mediante certificación do xefe do centro directivo correspondente.

3. Criterios de selección.

Os criterios selectivos que se terán en conta son os que se fan públicos no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Horarios: as 17 ás 21 horas.

4.3. Prazas: 25.

4.4. Lugares, datas e fin do prazo de presentación de instancias.

LugaresDatasFin do prazo

Celeiro12, 13, 14, 19, 20 e 21 de febreiro22-1-96

Ourense4, 5, 6, 11, 12 e 13 de marzo12-2-96

Santiago de C.22, 23, 24, 29 e 30 de abril; 2 de maio11-3-96

Pontevedra6, 7, 8, 13, 14 e 15 de maio1-4-96

LugaresDatasFin do prazo

A Coruña3, 4, 5, 10, 11 e 12 de xuño29-4-96

Vigo17, 18, 19, 24, 25 e 26 de xuño6-5-96

Verín30 de setembro; 1, 2, 7, 8 e 9 de outubro3-6-96

Lugo14, 15, 16, 21, 22 e 23 de outubro3-6-96

Ferrol18, 19, 20, 25, 26 e 27 de novembro3-6-96

5. Contido básico.

A relación interpersoal. Relacións co público. Resolución de situacións. A información e atención ó cidadán na Xunta de Galicia.

6. Solicitudes.

O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lle corresponda, a instancia e o currículum segundo o modelo do anexo IV.

CURSOS PARA A OBTENCIÓN DO DIPLOMA DE DIRECTIVO DA XUNTA DE GALICIA

A Lei 4/1991, do 8 de marzo, de reforma da Lei 4/1988, do 26 de marzo, da función pública de Galicia, crea no artigo 27.2º (último parágrafo), o diploma de directivo como requisito necesario para o desempeño de determinados postos de traballo.

O Decreto 294/1993, do 10 de setembro (DOG nº 208, do 26-10-92), modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-95), regulouse o diploma de directivo da Xunta de Galicia.

De acordo coa Orde do 2 de xuño de 1986, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada por Orde do 18 de outubro de 1991, e segundo o que se especifica no seu artigo 3, indícase que o gasto que se proxecta queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente.

En execución do previsto nesta normativa convócanse cinco cursos para a obtención do diploma de directivo que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitantes.

Poderán solicitar este curso os funcionarios que reúnan as condicións e requisitos esixidos nos artigos 2 e 4 (último parágrafo) do decreto antes mencionado.

Segunda.-Criterios de selección dos participantes.

A selección dos participantes será realizada por unha comisión, aplicando un baremo que se complementará coa realización dunha entrevista.

No baremo valoraranse, con 5 puntos como máximo, os seguintes méritos adquiridos ata a data de publicación no DOG desta resolución:

a) Experiencia en posto directivo nas administracións públicas. Por director xeral: 1 punto por ano completo; de subdirector xeneral: 0,5 puntos

por ano completo; de xefe de servicio: 0,25 puntos por ano completo. A puntuación máxima non superará os 2,5 puntos. Esta experiencia deberá ser certificada, segundo modelo oficial, polo responsable dos servicios de persoal de que dependa o solicitante. As datas de referencia, para efecto do cómputo do tempo, serán as que figuran na dilixencia de toma e cesamento de posesión.

b) Experiencia en posto directivo en empresas privadas. Como responsable máximo: 1 punto por ano completo; como responsable sectorial; 0,5 puntos por ano completo. A acreditación farase presentando copia compulsada do contrato ou documento público adecuado. A puntuación máxima será de 1,25 puntos.

c) Cursos específicos para directivos. Por cursos de menos de 50 horas: 0,07 puntos; por cursos de 51 a 100 horas; 0,08 puntos; por cursos de 101 a 150 horas: 0,09 puntos; por cursos de máis de 150 horas: 0,10 puntos. A puntuación máxima será de 0,60 puntos.

d) Título de doutor. Pola posesión do título de doutor: 0,10 puntos. A puntuación máxima será de 0,10 puntos.

e) Publicación de monografías ou artigos sobre temas de xestión pública. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo: 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,35 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

f) Coñecementos de idiomas.

-Galego: Título de licenciado en filoloxía galega: 0,10. Certificado de aptitude de perfeccionamento ou superior: 0,07 puntos; certificado de aptitude de iniciación; 0,03 puntos. A puntuación máxima será de 0,10 puntos. Se se valora o certificado de perfeccionamento non se valora o de iniciación.

-Idiomas comunitarios: Título de licenciado no idioma respectivo; 0,10 puntos; certificado de aptitude de nivel medio: 0,07 puntos; certificado de aptitude de iniciación: 0,03 puntos. A puntuación máxima será de 0,10 puntos. Se se valora o nivel medio non se valora o nivel de iniciación.

Unha vez baremadas as solicitudes, a comisión determinará a puntuación mínima que debe obterse para ser convocado á realización da entrevista.

A entrevista valorará as condicións intelectuais, as calidades humanas e profesionais e a capacidade de liderato e motivación. A entrevista valorarase ata un máximo de 5 puntos.

A relación de participantes coas puntuacións obtidas no baremo e na entrevista publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP, sen prexuízo de comunicárllelo directamente ós seleccionados para que poidan obte-lo permiso de asistencia.

Terceira.-Cobertura de prazas vacantes.

Se unha persoa seleccionada para un curso causa baixa antes do comezo deste ou no transcurso das

20 primeiras horas lectivas, deberá comunicalo á EGAP para a súa substitución pola que corresponda segundo a orde de preferencia no proceso selectivo. Se durante o desenvolvemento do curso algún alumno vai destinado a outra Administración pública, poderá optar por continuar no curso aboando nese momento o custo total da súa praza ou causar baixa inmediatamente renunciando así á posible obtención do diploma de directivo.

Cuarta.-Características dos cursos.

-Duración: 150 horas.

-Lugar: EGAP. Polígono das Fontiñas, s/n. Santiago.

-Datas:

IX curso: de marzo a maio;

X curso: de abril a xuño;

XI curso: de maio a outubro;

XII curso: de setembro a novembro;

XIII curso: de outubro a decembro.

-Horarios: xeralmente xoves e venres, en sesións de mañá e tarde.

-Prazas: 30 por curso.

-Contido básico:

Estará constituído polo desenvolvemento teórico-práctico das seguintes materias básicas: a función directiva na Administración pública. Seminario de habilidades directivas. A xestión de recursos humanos na Administración pública. A xestión económica na Administración pública. Organización e procedemento administrativo. Dirección por obxectivos e control de xestión. Xestión de cambio e modernización administrativa.

As clases completaranse con conferencias a cargo de especialistas cualificados.

Quinta.- Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades dos cursos. A ausencia xustificada deberá ser autorizada polo director ou responsable do curso. A falta de asistencia inxustificada a 20 ou máis horas lectivas por curso determinará a calificación de «non apto». A falta de asistencia, aínda que estea xustificada, a máis do 20% das horas lectivas, determinará tamén a cualificación de «non apto» no curso.

Sexta.-Probas e certificados de aptitude.

Valorarase a participación e dedicación dos alumnos ó longo do curso e o traballo final. A EGAP fixará as probas parciais e finais que estime pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos ó longo do curso e a memoria ou traballo de prácticas. A suma das cualificacións obtidas ó longo e final do curso (10 puntos) e a

valoración da memoria ou traballo práctico (10 puntos) constituirán a puntuación final, que servirá para elevar-la proposta de aptitude para a obtención do diploma de directivo. A puntuación final será de 0 a 20 puntos; é necesario un mínimo de 10 puntos para ser considerado «apto». Poderá constituírse un comité de avaliación formado por un equipo de profesores presidido polo director do curso.

Os declarados «non apto» perderán a preferencia que lles poida corresponder nos procesos selectivos que se realicen nos próximos tres anos fronte ós aspirantes que se presenten por primeira vez.

Sétima.-Expedición do diploma de directivo.

Finalizado o curso, o director deste elevará a proposta dos aptos ó director da EGAP, que dictará a resolución definitiva e expedirá o diploma de directivo.

Oitava.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-los contidos, duración, datas e horarios mencionados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que xurdan no desenvolvemento de cada curso.

Novena.-Instancias e prazo de presentación.

As instancias presentaranse segundo os modelos que figuran como anexos II e III a esta convocatoria. Xunto coa instancia, os solicitantes deberán presentar unha breve memoria escrita á máquina ou ordenador, a dobre espacio, en DIN A4 sobre as funcións e «roles» dos directivos na Administración pública. Presentarán tamén coa instancia o anexo III no que se resumen tódolos méritos e, ademais, tódolos documentos (orixinais ou copias compulsadas) que acreditan suficientemente a súa validez, excepto os que certifican os responsables de persoal. A EGAP poderá pedi-la documentación complementaria ou aclaratoria da xa presentada no momento de solicita-lo curso.

A falsidade ou ocultación de datos é motivo de exclusión automática.

As instancias presentaranse na EGAP ou enviaranse por calquera dos medios permitidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO III

MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR NA SELECCIÓN PARA O CURSO DE OBTENCIÓN DO DIPLOMA DE DIRECTIVO

1. Experiencia en postos directivos nas administracións públicas (a).

Don/Dona

(Nome e apelidos do/s funcionario/s responsable/s dos servicios de persoal)

Cargo

Organismos

CERTIFICA:

1. que don/dona

ocupou nas administracións públicas, ata a data da publicación desta resolución no DOG, os seguintes postos,

coa duración que se indica:

Director/a xeral ou

equivalente

DenominaciónAnos completos

Subdirector/a xeral ou

equivalenteDenominaciónAnos completos

Xefe/a de servicio ou

equivalenteDenominaciónAnos completos

, ........ de ............... de 1994.

Sinatura e selo

2. Outros méritos (b, c, d, e, f).

Don/Dona

(o/a aspirante)

declara pola súa honra que son certos e acredita documentalmente (documentos orixinais ou compulsados) tódolos datos que se fan constar para a valoración dos seguintes méritos):

2.1. Experiencia en posto directivo en empresas privadas (b).

Responsable máximoDenominaciónAnos completos

Responsable sectorialDenominaciónAnos completos

2.2. Cursos específicos para directivos (c).

DenominaciónOrganismo que o convocouNº horas lectivas

2.3. Título de doutor (d).

Título de doutor en

2.4. Publicación de monografías ou artigos sobre temas de xestión pública (e).

Monografía sobre:Publicada en

Artigo sobre:Publicado en

2.5. Coñecemento de idiomas (f).

IdiomaClase de título ou certificación

8526