Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto por poxa e tramitación urxente, da obra que se cita (RC-AC-95.09).

A) Obra.

Clave: RC-AC-95.09

Título: acondicionamento e mellora da LC-211 na travesía de Fonteculler-Acea da Ma. 1ª fase.

Orzamento: vinte millóns cento setenta e tres mil novecentas trece (20.173.913) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Prazo de execución: dezaoito meses.

Fianza provisional: catrocentas tres mil catrocentas setenta e oito (403.478) pesetas.

B) Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, nos días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A, salvo nos casos establecidos na cláusula nº 14 do prego de cláusulas administrativas particulares, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Contido de proposición: segundo o indicado na cláusula nº 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

F) Medios de xustificación de solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios global e das obras ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

G) Medios de xustificación da solvencia técnica: declaración na que se indique maquinaria, material e equipo técnico dos que dispoñerá o empresario para a execución das obras.

H) Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, antes das 12 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

I) Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña a partir das 10 horas do terceiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

J) Anuncios: o gasto dos anuncios será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 27 de decembro de 1995.

P.O.(Orde 30-1-1995)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

95-7923