Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 73

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE LUGO

CÉDULA de notificación (16/1990).

Francisco Julián Hinojal Gijón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos a que logo se fará mención se dictou, no día

da súa data, sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número 148/1995.

En Lugo o tres de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos e examinados por Loureiro José Óscar Soto, os presentes autos de declarativo menor contía 16/1990 seguidos neste xulgado por instancia de Común. Montes A Paleira, Momián e outros, con DNI/CIF 00 domiciliado en Trabada (Lugo), representado polo procurador Julio López García, contra José Fernández Pérez e outros, con DNI/CIF 00, domiciliado en Porto (Ribadeo).

Decido que estimando a demanda interposta por Comunidade de Montes Veciñais en Man Común denominada A Paleira e Momián dos veciños da parroquia de Balboa, Trabada, que actúa en nome propio e en beneficio dos veciños de casa aberta na dita parroquia contra José Fernández Pérez, María Nieves Besteiro López, Luis Méndez González e Mª del Mar Arbeso Suárez, Concello de Trabada e a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, debo declarar e declaro:

1º Que o monte litixioso, descrito no feito 1º da demanda, pertence en pleno dominio e en réxime de veciñal e man común ós veciños con casa aberta na parroquia de Valboa do Concello de Trabada (Lugo).

2º Que o predio litixioso debe ser excluído do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo e do Inventario de Bens Municipais do Concello de Trabada.

3º A nulidade radical, absoluta e de pleno dereito da escritura de segregación e compravenda outorgada por José Fernández Pérez e esposa en favor de Luis Menéndez González e esposa o día 2 de marzo de 1977 ante Fernando Ruiz Castañeda, notario de Mondoñedo nº 291 do seu protocolo.

4º A nulidade radical absoluta e de pleno dereito da escritura de retrovenda outorgada por Luis Menéndez González e esposa en favor de José Fernández Pérez e esposa o día 26 de decembro de 1977 ante Fernando Guardiola Sala, notario de Mondoñedo nº 612 do seu protocolo.

5º A nulidade das inscricións rexistrais relativas ó predio denominado Porción do Couto de Axilde, nº 6.975 do Rexistro da Propiedade de Ribadeo, que constan no tomo 437, libro 80 de Trabada, folios 191 e seguintes, ordenando a cancelación das ditas inscricións.

6º Que a Comunidade actora debe substituír ó Concello de Trabada no consorcio existente coa Administración forestal (hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Montes) e nos termos da escritura de rescisión do anterior consorcio, outorgada o 24 de abril de 1981 perante Francisco Cruces Márquez, notario de Lugo, nº 457 do seu protocolo.

Condenando os demandados a estaren e pasaren polos anteriores pronunciamentos e, en consecuencia, a reintegrar á comunidade actora na plena posesión do monte litixioso, realizando para o efecto os actos requiridos para a adecuada efectividade das anteriores declaracións e, os demandados José Fernández Pérez e esposa, ademais, ó reintegro dos froitos percibidos ou que se puidesen percibir do monte litixioso durante o tempo que retiveron a súa posesión e que serán fixados en execución de sentencia, todo iso sen facer expresa declaración sobre as custas.

Así, por estas miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. E/ Asdo. Rubricado. José Óscar Soto, maxistrado-xuíz número tres dos de Lugo».

Publicación. Foi lida e publicada a anterior sentencia no da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe en audiencia pública do que eu, secretario, dou fe. Asdo. Rubricado FC. Julián Hinojal Gijón, secretario.

Concorda ben e fielmente co orixinal ó que me remito. E para que así conste e para a súa inserción nos sitios públicos de costume, e sirva de notificación en forma ó/s demandado/s rebelde/s, expido e asino o presente edicto en Lugo, tres de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7982