Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 74

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (160/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas nº 160/1995, que se segue por agresión e imprudencia temeraria, cítase o denunciado Juan Carlos Lema Balsas, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado o vindeiro día 16 de xaneiro de 1996, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que intente valerse, e fáiselle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; pode ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario

8501