Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 60

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e/ou Parálise Cerebral Aixiña de Ourense para os anos 1995 e 1996.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e/ou Parálise Cerebral Aixiña (código nº 3200702) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 18 de outubro do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos seus delegados de persoal, en xuntanza celebrada o día 29 de setembro de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 23 de outubro de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e/ou Parálise Cerebral Aixiña co persoal que presta os seus servicios en tódolos seus centytros de traballo.

Capítulo I

Sección primeira

Determinación das partes

Artigo 1º

Este convenio foi pactado por unha representación de tódolos traballadores da empresa Aixiña, á que se denominará representación social, composta polos seguintes traballadores:

Constantino Álvarez Sotelo.

Raquel Fernández Álvarez.

Mª Jesús Pérez Fernández.

Xosé Lois Freire Domínguez, asesor da CIG.

E a representación da dirección da empresa á que se denominará representación económica, composta polos seguintes membros:

Domingo Gómez Freire.

Recaredo Paz Prieto.

José Ramón Sánchez Vázquez.

Sección segunda

Ámbito territorial, funcional e persoal

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As normas contidas no presente convenio serán aplicables ós distintos centros de traballo da Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e/ou Parálise Cerebral Aixiña, na provincia de Ourense ou noutras nas que puidesen instalarse talleres delegados.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio afectará a tódalas actividades dos distintos centros de traballo e programas da asociación.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio é de aplicación, con exclusión de calquera outro, a tódalas persoas que presten os seus servicios efectivos por conta allea dentro de tódolos talleres e programas da asociación, así como os que ingresen nela durante a súa vixencia, con exclusión do alto persoal directivo ó que fai referencia o Estatuto dos traballadores, como así mesmo ós que ocupen postos de dirección e aqueloutros no traballo dos cales haxa de observarse reserva obrigada.

O alto persoal directivo de Aixiña corresponde ós membros do consello de dirección e estará sempre excluído do ámbito deste convenio, non será remunerable o posto de presidente de dito consello.

O persoal da dirección e aquel que no seu traballo deba observar reserva obrigada estará excluído do ámbito do convenio, unha vez que sexa acordado pola comisión paritaria.

Queda, así mesmo excluído do ámbito persoal do convenio colectivo o persoal que se contrate para impartir programas de formación promovidos por Aixiña, en colaboración coa Administración pública e axentes sociais.

Sección terceira

Vixencia, prórroga e rescisión

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 6º.-Duración e prórroga.

A duración deste convenio será de dous anos, a partir do 1 de xaneiro de 1995.

O dito convenio considerarase prorrogado tacitamente por un ano natural de non resultar rescindido ou denunciado na data que en este convenio se expresa.

Non obstante as condicións económicas para 1996 quedan pactadas das seguintes formas:

O salario base verase incrementado na mesma porcentaxe na que o faga o S.M.I. (salario mínimo interprofesional), de obrigado cumprimento nos centros especiais de emprego, e entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 7º.-Rescisión.

A denuncia do convenio deberá presentarse ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, cunha antelación mínima de tres meses, respecto á forma de terminación da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 8º

Se as conversas ou estudios necesarios para a revisión se prorrogasen por prazo que excedese do convenio, entenderase este prorrogado ata rematada a súa negociación, sen perxuízo do carácter retroactivo que se poida aplicar á negociación do novo convenio.

Sección cuarta

Compensación e absorción ad personam

Artigo 9º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo indivisible. As melloras económicas pactadas poderán ser absorbidas polas que no futuro poidan establecerse por disposición legal e polas que, con carácter voluntario, veña aboando a empresa á entrada en vigor do acordo e unicamente terán aplicación práctica se globalmente superasen a este no nivel do cómputo anual. A remuneración total que á entrada en vigor deste convenio veña percibindo o persoal afectado por este, en concepto de retribución salarial, non poderá ser reducida polas aplicacións das normas que se establecen.

Con respecto ás demais situacións, serán respectadas, en todo caso, as máis beneficiosas que viñesen desfrutando os traballadores en virtude das normas ou pactos previos ad personam.

Sección quinta

Artigo 10º.-Organización práctica do traballo.

A facultade e responsabilidade da organización, racionalización, automatización, mecanización, estudio reestructuración das seccións, revisión e valoración das quendas e postos de traballo, é facultade exclusiva da dirección da empresa, todo iso sen prexudica-la categoría profesional do traballador, e tenderá a un aumento da eficacia e xestión da empresa, así como a máis esmerada entrega no seu cometido con respecto ó colectivo de minusválidos.

Sen mingua da autoridade recoñecida á dirección da empresa nos parágrafos anteriores, o comité da empresa ou delegados do persoal terán a función do asesoramento, orientación e racionalización do traballo, especialmente en relación ós postos dos traballadores minusválidos.

Artigo 11º.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto nos regulamentos do réxime interior das distintas actividades asistenciais e do Centro Especial de Emprego da Asociación, á Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, a Lei 13/1982, do 7 de abril, da integración social do minusválido; ó o Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo, que regula a relación de carácter especial dos traballadores minusválidos que traballan nos centros especiais de emprego; o Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de emprego, definidos no artigo 42 da Ley 13/1982, do 7 de abril, de integración social do minusválido; o Real decreto 2274/1985, do 4 de decembro, polo que se regulan os centros ocupacionais para minusválidos, e en xeral a lexislación que en cada momento regula as relacións laborais.

Artigo 12º.-Regulamento de réxime interior.

Constituirase unha comisión paritaria para a vixilancia, interpretación, mediación e arbitraxe do cumprimento deste convenio, sen menoscabo das funcións privativas que lle compecten ó Estado, domicilio da cal se fixa na sede social da Asociación para a Integración Social das Persoas con Minusvalía Física e/ou Parálise Cerebral Aixiña, sita na rúa Pena Trevinca, número 32, baixo, de Ourense, sen prexuízo das competencias legalmente atribuídas ás entidades administrativas e xudiciais correspondentes.

A comisión paritaria estará integrada por partes iguais, dous representantes da parte social e dous da parte económica, acórdase que os ditos membros sexan pola parte social Raquel Fernández Álvarez e Constantino Álvarez Sotelo. E pola parte económica Recaredo Paz Prieto e Domingo Gómez Freire.

A comisión paritaria reunirase con carácter extraordinario cando o solicite unha das partes.

Na dita convocatoria, as partes solicitantes especificarán por escrito, cunha antelación mínima de cinco días, a orde do día e a data da reunión. Só nun caso de urxencia recoñecida por ámbalas dúas partes, o prazo será inferior.

Artgo 14º.-Vinculación á totalidade.

Constituíndo un só conxunto as condicións deste convenio, a non aprobación dalgunha delas pola autoridade laboral competente, suporá a ineficacia do seu contido; non entrará en vigor, polo tanto, ningunha das cláusulas sen a afectación da totalidade por ámbalas dúas partes.

Capítulo II

Clasificación profesional

Artigo 15º.-Clasificación profesional.

O persoal que preste os seus servicios, tanto manuais como intelectuais, en calquera dos centros de traballo de Aixiña, clasificarase en atención ás funcións que desenvolva nalgún dos seguintes grupos:

-Centro de servicios sociais.

Grupo A. Persoal de xestión:

Coordinador de servicios sociais.

Grupo B. Persoal titulado grao superior:

Titulado superior.

Grupo C. Persoal titulado grao medio:

Diplomado traballo social/Asistente social.

Terapeuta ocupacional.

Grupo D. Persoal técnico:

Educador.

Monitor de taller.

Grupo E. Auxiliares técnicos:

Coidador.

Auxiliar de coidador ou monitor.

Grupo F. Persoal administrativo:

Oficial administrativo.

Auxiliar administrativo.

Grupo G. Profesionais de oficio:

Oficial primeira.

Cociñeiro/a.

Oficial segunda.

Oficial terceira.

Axudante de cociña.

Persoal de servicios domésticos.

Persoal non cualificado.

Aprendiz.

Grupo H. Persoal subalterno:

Porteiro.

Telefonista.

-Centro especial de emprego.

Grupo A. Persoal de xestión:

Coordenador de talleres do C.E.E.

Grupo B. Persoal técnico:

Coordenador comercial e relacións públicas.

Jefe de producción de taller de cablerías.

Oficial primeira.

Oficial segunda.

Oficial terceira.

Grupo C. Persoal técnico:

Jefe de producción de taller de estores.

Oficial primeira.

Oficial segunda.

Oficial terceira.

Grupo D. Persoal técnico de taller de artesanía:

Jefe de producción de taller de artesanía.

Técnico de taller de madeira.

Técnico de taller de pintura, estano e outras tecnoloxías.

Oficial primeira.

Oficial segunda.

Oficial terceira.

Grupo E. Persoal mercantil:

Técnico comercial.

Responsable centro de distribución.

Viaxante.

Dependente.

Grupo F. Persoal de oficio:

Encargado de producción.

Oficial primeira.

Oficial segunda.

Oficial terceira.

Conductor.

Axudante.

Peón especializado.

Peón ordinario.

Auxiliar de taller.

Peón non cualificado.

Aprendiz.

-Servicios xerais.

Grupo A. Persoal de xestión:

Coordenador servicios xerais centro M. Rivard.

Grupo B. Persoal técnico titulado.

Técnico de servicios administrativos.

Técnico de servicios de persoal.

Secretaría técnica.

Grupo C. Auxiliares técnicos.

Secretaria de Admón., coordenación e servicios xerais de persoal.

Xestor social.

Grupo D. Persoal administrativo:

Oficial administrativo de primeira.

Oficial administrativo de segunda.

Auxiliar administrativo.

Aprendiz.

Profesionais de oficio.

Encargado.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Oficial de terceira.

Persoal mantemento servicios xerais.

Persoal de servicios domésticos.

Persoal non cualificado.

Grupo F. Persoal subalterno.

Porteiro.

Vixiante e garda.

Recepcionista/Telefonista.

Reprógrafo.

Persoal non cualificado.

Artigo 16º.-Niveis salariais.

Os niveis salariais do persoal contratado por Aixiña fíxanse en 17 coas categorías profesionais que en cada un seguidamente se especifican.

Nivel Categorías profesionales de Aixiña

1 Director xerente do centro de servicios.

2 Coordinador de talleres do C.E.E.

Coordinador de servicios sociais.

Coordinador de servicios xerais.

3 Técnico especialista de producción de artesanía.

Coordinador comercial e relacións públicas.

4 Titulado superior.

Técnico de servicios administrativos.

Técnico de servicio de persoal.

Secretaría técnica.

5 Diplomado traballo social/Asistente social.

Terapeuta ocupacional.

6 Educador.

Responsable centro distribución.

7 Xefe de producción de taller.

Secretaría de administración, coordinación e servicios xerais de persoal.

8 Encargado de servicios.

9 Oficial primeira C.E.E.

Conductor vehículos persoal.

Oficial administrativo primeira.

Coidador.

Monitor de taller.

10 Vendedor/Viaxante.

Oficial segunda C.E.E.

Dependente.

Conductor vehículos mercadorías.

Oficial administrativo segunda.

Xestor social.

Oficial administrativo servicios sociais.

Oficial segunda servicios sociais/xerais.

Cociñeiro/a servicios sociais.

11 Peón especializado.

Auxiliar administrativo.

Auxiliar coidador ou monitor.

Auxiliar administrativo servicios sociais.

Oficial terceira C.E.E.

Recepcionista/Telefonista.

12 Peón ordinario.

Axudante cociña servicios sociais.

Axudante mercantil.

Axudante oficio C.E.E.

Personal servicios domésticos.

Porteiro.

Vixilante e garda.

Auxiliar de taller.

Telefonista.

Reprógrafo.

Personal non cualificado.

Aprendiz.

Capítulo III

Estipulacións concretas

Sección primeira

Ordenación salarial

Artigo 17º.-Conceptos que integran a retribución salarial.

A retribución salarial de acordo coas disposicións legais sobre ordenación do salario, está formada polos seguintes conceptos: salario base e complementos.

Artigo 18º.-Salario base.

Considérase salario base o establecido para cada categoría profesional segundo a táboa de niveis

salariais que figura no anexo I ó presente convenio colectivo.

Artigo 19º.-Complementos.

Son complementos as cantidades que, se é o caso, deban engadirse ó salario. Os complementos divídense en:

Antigüidade: aboarase por trienios segundo establece a táboa de niveis de antigüidade que figura no anexo II ó presente convenio colectivo. O importe das cantidades que se perciban por este concepto non poderá supera-lo 50 por 100, como máximo, do salario base.

Premio de vinculación: cada traballador que cumpra 5 anos de antigüidade na empresa e, no citado período, non fose sancionado, terá dereito á percepción dunha cantidade de pagamento único e a tanto alzado, consistente nun 5 por 100 do salario anual correspondente ó salario base máis antigüidade establecido nas táboas salarias vixentes en cada momento. A dita gratificación percibirase cada vez que o titular cumpra un múltiplo de 5 anos de antigüidade.

Plus de nocturnidade: aboarase conforme a lexislación vixente. Da percepción do plus de nocturnidade queda exceptuado o persoal cun salario que xa se establecese en atención a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza (servicio de porteiro, gardería, vixilancia nocturna do persoal do centro, coidador de noite e auxiliar de coidador de noite, etc.).

Horas extraordinarias: as horas extraordinarias serán compensadas de acordo co preceptuado na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, así como, igualmente, se aplicará o disposto na citada lei nos seus artigos 34 e 35 sobre o número máximo de horas extraordinarias que deban realizarse.

De vencemento periódico superior a un mes: todo o persoal afectado por este convenio terá dereito á percepción de dúas gratificacións extraordinarias nos meses de xullo e decembro, respectivamente. A contía das ditas pagas estará integrada polos conceptos de salario base e antigüidade, segundo se expecifica nas táboas salariais anexas I e II.

Estes importes ratearanse no caso de que os traballadores leven menos dun ano na empresa.

Coa mesma, ó causar baixa na empresa percibirá a parte proporcional que lle corresponda.

De posto de traballo de especial responsabilidade: este complemento percibirase en doce mensualidades polas categorías profesionais que se indican no anexo III deste convenio colectivo.

De productividade ou rendemento: este complemento poderá ser percibido por todo o cadro de persoal da empresa, sempre que quede acreditado o aumento de producción ou rendemento nas diversas actividades.

As cantidades que poidan percibirse por este complemento, así como os traballadores acreedores del, deberán sempre xustificarse por escrito, por acordo entre a dirección da empresa e os representantes dos traballadores, coa periodicidade que regulamentariamente se estableza.

Sección segunda

Indemnizacións e suplidos

Artigo 20º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos fóra do termo municipal onde estea o centro de traballo no que estean adscritos, percibirán a contía correspondente ós gastos ocasionados, que deberán xustificarse ante a empresa.

Cando para iso se utilice vehículo propio, percibirá o traballador 24 ptas. por quilómetro. Así mesmo, os traballadores que habitualmente cobren comisión pactarán estas coa empresa.

Sección terceira

Prestación voluntarias de carácter social

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

A empresa concederá a todo o persoal do cadro, cun posto de traballo que o requira, ó inicia-la prestación de traballo unha peza de roupa nova de traballo e posteriormente unha cada doce meses de acordo coa normativa interna da empresa.

Queda terminantemente prohibido utilizar pezas de roupa de traballo fóra das horas de servicio e será obrigatoria a súa utilización durante o tempo de servicio.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria.

Aboaranse por este concepto as indemnizacións de acordo co preceptuado na lexislación vixente.

Artigo 23º.-Xubilación anticipada e contratos de relevo.

A) Para posibilita-la posta en práctica da modalidade especial de xubilación ós sesenta e catro anos, a parte empresarial obrigase a substituír simultaneamente o traballador por conta allea de sesenta e catro anos que se xubile por mutuo acordo con ela por outro traballador nas condicións previstas no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo (Boletín Oficial del Estado do 20 de xullo de 1985), polo que se acomodan ó amparo do establecido na disposición adicional sétima da Lei 8/1980, do 10 de marzo, modificada pola Lei 32/1984, do 2 de agosto, ás normas sobre anticipación da idade de xubilación, como medida de fomento de emprego.

B) Para a aplicación da xubilación anticipada parcial ós sesenta e dous e sesenta e tres anos con contrato de relevo, haberá que aterse ó disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro.

Artigo 24º.-Licencias e concesións.

Os traballadores, avisando coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente, poderán faltar ó traballo, con dereito a percibi-lo salario contractual ou pactado, por algún dos motivos e duración que se indican:

a) Por tempo de quince días naturais, en caso de matrimonio.

b) Por parto da esposa ou compañeira con convivencia demostrada, tres días naturais.

c) Por tempo de tres días naturais, nos casos de enfermidade grave ou falecemento de fillo, cónxuxe, netos, irmáns, pais dun ou outro cónxuxe e avós. Cando con tal motivo o traballador necesite facer desprazamentos fóra da rexión, o prazo será de cinco días naturais.

d) Un día natural en caso de voda de fillos ou irmáns.

e) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consultas da Seguridade Social, tanto de médico de cabeceira como dos especialistas, cando non sexa factible acudir a esas consultas fóra das horas de traballo. En caso de asistencia á consulta do médico de cabeceira, o traballador presentará o correspondente xustificante emitido por aquel, certificando a efectiva asistencia á consulta.

No caso de asistencia a consulta dun especialista, o traballador deberá presenta-lo volante do médico de cabeceira no que se lle envía ó especialista correspondente e a xustificación de estar na consulta deste último.

f) Un día natural por traslado do seu domicilio natural, na localidade de residencia e dous días naturais se é fóra da localidade de residencia.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal a que se refire o artigo 37, apartado d) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

h) Os días 24 e 31 de decembro serán días inhábiles para tódolos efectos e non recuperables.

Artigo 25º.-Acción social.

Co fin de soluciona-los problemas de grave necesidade e de asistencia social que o persoal teña ou poida ter, créase unha comisión de asistencia social formada por catro membros, dous pola parte económica e dous pola parte social que se reunirán cando a situación o requira por petición de calquera dos membros, con facultade para dictaminar e decidir sobre as circunstancias que en cada caso se formulen, elaborando a proposta de axuda que, en cada caso, esixa e facendo viable dentro das posibilidades da empresa a súa solución.

Esta comisión estará integrada polos mesmos membros da comisión paritaria.

Artigo 26º.-Descontos por falta de traballo.

A parte proporcional do desconto que haxa de efectuarse nas pagas extras e vacacións por falta de asistencia ó traballo efectuaranse en función dos días naturais de ausencia efectiva ó traballo.

Artigo 27º.-Axuda por xubilación e invalidez.

Ó producirse o feito da xubilación por cumprimento da idade regulamentaria ou ó producirse a cualificación de invalidez permanente total (por enfermidade común, enfermidade profesional, accidente laboral ou non laboral) e se o traballador levase máis de quince anos de alta laboral na empresa, recibirá desta por unha soa vez o importe íntegro de dúas mensualidades.

Artigo 28º.-Seguro colectivo.

Ámbalas partes poderán acorda-lo establecemento dun seguro colectivo, o custo do cal poderá correr a cargo de empresa e traballadores, segundo posibilidades económicas desta, que afectará o persoal do cadro.

Artigo 29º.-Seguro de responsabilidade civil.

Aixiña procederá a concertar un seguro que cubra a responsabilidade civil profesional do persoal ó seu servicio que puidese derivarse do cumprimento das obrigacións laborais.

A determinación das funcións e continxencias concretas que se consideren incluídas no obxecto do seguro efectuarase logo dos estudios de corretaxe de seguros pertinente.

Artigo 30º.-Asistencia xurídica a traballadores.

A dirección da empresa comprométese a prestar consulta xurídica ós traballadores de Aixiña, respecto a calquera tipo de asunto excepto os de carácter laboral, logo de comunicación do asunto que se vai asesorar á Secretaría Xeral de Aixiña.

Sección cuarta

Xornada de traballo, horario e vacacións

Artigo 31º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo que se vai realizar durante a vixencia do presente convenio colectivo será de corenta horas semanais, preferentemente en réxime de xornada continuada.

Artigo 32º.-Horario de traballo.

Establecerase o horario de traballo para os distintos centros de traballo, de acordo coa xornada establecida no artigo anterior.

No mes de xaneiro de cada ano elaborará a dirección da empresa un calendario laboral.

O dito calendario deberá conter:

-O horario de traballo.

-Quendas de traballo, se as houber.

-Distribución anual dos días de traballo.

-Festivos.

-Descansos semanais e outros días inhábiles.

Artigo 33º.-Vacacións.

Todo o persoal terá direito a trinta días naturais de vacacións.

Por común acordo entre a empresa e o traballador, poderase convi-la división do período de desfrute das vacacións.

A distribución dos períodos das vacacións farase por acordo entre a dirección do centro e a representación dos traballadores, téndose en conta a natureza específica dos centros.

Sección quinta

Seguridad e hixiene no traballo

Artigo 34º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En todo o relativo a seguridade e hixiene no traballo, con posición e atribucións do comité, vixilantes de seguridade e servicios médicos de empresa haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente na materia, así como ó disposto nos plans de emerxencia contra incendios e de evacuación dos centros de Aixiña.

Sección sexta

Cesamentos na empresa

Artigo 35º.-Cesamentos por xubilación.

A xubilación poderase producir por vontade do traballador cando este cumpra os sesenta e catro anos e será forzosa ó cumpri-los sesenta e cinco, salvo que por falta de cotización non teña dereito á pensión de xubilación; neste caso seralle prorrogado o seu contrato ata que cumpra o mínimo de cotización, sempre que se produza antes de cumpri-los setenta anos.

Artigo 36º.-Cesamento por vontade do traballador.

O traballador que se propoña cesar na empresa voluntariamente deberá preavisar cun prazo de antelación mínimo segundo o previsto no Regulamento de régimen interior dos centros e servicios de Aixiña. O incumprimento do prazo de preaviso ocasionará unha deducción da súa liquidación, correspondente ós días que deixase de preavisar.

Sección sétima

Outras disposicións

Artigo 37º.-Liquidación e pagamento do recibo de salario.

O recibo de salario será liquidado mensualmente, efectuarase o pagamento deste a través de transferencia a conta corrente ou de aforro da entidade bancaria ou caixa de aforros que determine o traballador.

Artigo 38º.-Intervención da comisión paritaria en conflictos colectivos.

Será preceptivo, como trámite previo á formulación dun conflicto colectivo nos termos establecidos no Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, a formulación da cuestión obxecto do conflicto colectivo ante a comisión paritaria.

Artigo 39º.-Cláusula de garantía.

Se durante a vixencia do presente convenio colectivo se producise algún cambio na titularidade dos centros de Aixiña ou transferencia da xestión, a dita modificación non afectará ó acordado neste convenio, que terá a consideración de norma mínima.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL POR NIVELES PARA 1995

NivelSalario base mensual

(doce pagas)

Pagas extras

(dúas pagas)

Salario base máis

pagas extras anuais

1150.000150.0002.100.000

2132.000132.0001.848.000

3125.000125.0001.750.000

4119.000119.0001.666.000

5115.000115.0001.610.000

6106.000106.0001.484.000

7 96.000 96.0001.344.000

8 89.000 89.0001.246.000

9 84.000 84.0001.176.000

10 77.000 77.0001.078.000

11 73.400 73.4001.027.600

12 64.204 64.204 898.856

ANEXO II

TÁBOA DE ANTIGÜIDADE POR NIVEIS PARA 1995

NivelAntigüidade mensual

(catorce pagas)

Antigüidade anual

(un trienio)

16.27087.780

26.27087.780

36.25087.500

45.95073.300

55.75080.500

65.30074.200

74.80067.200

84.45062.300

94.20058.800

103.85053.900

113.67051.380

123.21144.954

ANEXO III

TÁBOA DE COMPLEMENTOS POR POSTOS DE TRABALLO DE ESPECIAL RESPONSABILIDADE PARA 1995

NivelCategoría profesionalMensual

ptas.x12

Anual ptas.

1Director-xerente do C.I.S.20.000240.000

2Coord. talleres C.E.E.10.000120.000
Coord. servicios sociais10.000120.000
Coord. servicios xerais10.000120.000

3Coord. comercial e relacións

públicas

5.000 60.000

4Técnico servicios administrativos 3.000 36.000
Técnico servicios persoal 3.000 36.000

9508359