Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 88

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 398/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LAT a 66 kV desde a subestación de Taboadelo en Ponte-Caldelas ata o centro de interconexión de Recelo na Lama, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación de Taboadelo en Ponte-Caldelas, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata un centro de interconexión en Recelo, concello da Lama.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: liña de alta tensión, dobre circuíto, aéreo-subterráneo, a 66 kV. O tramo aéreo ten unha lonxitude de 11,592 km, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos. O tramo subterráneo ten unha lonxitude de 1,120 m, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 112.635.792 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren

oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 4 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9508200