Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 87

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publican as adxudicacións definitivas dos contratos de obras de acondicionamento de baixo e soto para comedor universitario e sala de usos múltiples en Santiago de Compostela e unha máis.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos de obras que se relacionan.

-Acondicionamento de baixo e soto para comedor universitario e sala de usos múltiples en Santiago de Compostela-A Coruña.

Resolución do 16-10-1995.

Sistema de adxudicación: concurso de procedemento aberto.

Importe: 103.467.983 ptas.

Adxudicatario: Martínez Núñez, S.A.

-Paso cuberto entre edificio administrativo e residencias e reformas no aparcamento do C.R.D. do Meixoeiro-Vigo.

Resolución do 16-10-1995.

Sistema de adxudicación: concurso de procedemento aberto.

Importe: 10.629.000 ptas.

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-8335