Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 88

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fan públicas as adxudicacións do concurso para as asistencias técnicas que se citan (claves AC-1867-ES/OUR-95.11 e outra).

Por Resolución do 6 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o delegado resolveu adxudicarlle as asistencias técnicas ás seguintes empresas:

-Título: servicios técnicos para a realización dos estudios para a preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambia-Ourense).

Clave: AC-1867-ES/OUR-95.11.

Empresa: INYPSA (Informes y Proyectos, S.A.).

Importe de adxudicación: 19.095.073 ptas.

-Título: servicios técnicos para a realización dos estudios para a preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Xironda-Pedrosa (Cualedro-Ourense).

Clave: AC-1842-ES/OUR-95.12.

Empresa: EIDO Ingenieros, S.A.

Importe de adxudicación: 16.000.000 de ptas.

Ourense, 21 de novembro de 1995.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

95-7956