Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 86

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de novembro de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo, en aval bancario número 7/1992, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo número 7/1992 do 8-1-1992, por importe de 458.897 ptas., constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Excavaciones Manuel Rodríguez, S.L. e á disposición da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas par responder das obrigas derivadas do cumprimento do contrato das obras Complementario Número 3 de Reposición de Camiños de Servicios da Obra de Novo Acceso a Rianxo, A Coruña, formúlase requirimento oficial e publico a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial, rúa Progreso, 38, entreplanta.

Se, transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 27 de novembro de 1995.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

8163