Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 86

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para a contratación do control de vertidos da empresa Ence.

Adxudicatario: Cotecno, S.A.

Orzamento: 14.700.000 ptas.

-Asistencia técnica para o desenvolvemento do plan hidrolóxico de Galicia-costa nas concas dos ríos Castro, Grande, Allóns, Belelle, Grande de Xubia e As Forcadas, así como as concas vertentes ás rías de Camariñas, Ferrol e Cedeira e a zona costeira da Coruña.

Adxudicatario: Segurpresa.

Orzamento: 45.950.065 ptas.

-Asistencia técnica para a analítica dos parámetros do canon de saneamento e redacción do manual de procedemento.

Adxudicatario: Ana Vázquez Estepa.

Orzamento: 5.000.000 de ptas.

-Terminación do abastecemento e saneamento en Parada de Oleiros (Castrelo de Miño-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 19.286.619 ptas.

-Saneamento nos lugares de Mourigade, Pedrouzos, Framil e Guimaráns (Ames-A Coruña).

Adxudicatario: Peninsular de Contratas, S.A.

Orzamento: 56.545.950 ptas.

-Mellora do abastecemento de auga na Fonsagrada (Lugo).

Adxudicatario: Proquintas, S.A.

Orzamento: 63.694.377 ptas.

-Desodorización da EDAR. de Santiago de Compostela (A Coruña).

Adxudicatario: (U.T.E.) Espina y Delfin, S.L. e Cadagua, S.A.

Orzamento: 237.943.956 ptas.

-Depuración e potabilización de auga do encoro do río Faramontaos (Xinzo de Limia-Ourense).

Adxudicatario: Antonio González Espina, S.A.

Orzamento: 36.797.218 ptas.

-Abastecemento e rede de sumidorios en Pazos, Regueira e outros (San Cristovo de Cea-Ourense).

Adxudicatario: Benigno Álvarez Álvarez

Orzamento: 18.600.000 ptas.

-Saneamento e abastecemento en Niñodaguia-terminación (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Adxudicatario: Aquagest, S.A.

Orzamento: 22.888.653 ptas.

-Captación de auga potable e melloras estructurais (Calvos de Randín-Ourense).

Adxudicatario: Ibersade, S.A.

Orzamento: 18.939.385 ptas.

-Rede de saneamento en Santa María de Vide (As Neves-Pontevedra).

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 14.886.855 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese

que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-8476