Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 86

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (169/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue expediente de xurisdicción voluntaria nº 169/1995, para formación de inventario da herdanza de Manuel María Castedo García para os efectos previdos nos artigos 1.010 e seguintes do Código Civil, por instancia de Carlos Alberto Castelo de Castro, María de los Sonsoles Castedo de Castro, María Sara Castedo de Castro e Carmen Nuria Castedo de Castro, no que por providencia do día da data se acordou citar ós acredores, legatarios e terceiras persoas que puidesen ter interese ou dereito lexítimo na herdanza, para que poidan asistir se lles conviñer á formación do inventario, concedéndose para tal efecto o prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto.

E para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que sirva de notificación ós posibles acredores descoñecidos, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

8066