Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación
forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, atorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:
Liñas de media tensión a 20 kV, con unhas lonxitudes de 1.699 e 255 metros, en conductores LA-56 de 54,6 mm Al, sobre apoios de formigón ou torres metálicas, segundo RU-6703B. Dous centros de transformación de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductores R.Z.-2x25 Al ó 4x25 Al, con unhas loxitudes de 1.200 e 650 metros, para mellora do servicio eléctrico en Torre e Granda (parroquia de Ribeiras de Lea), no concello de Castro de Rei.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 15 de novembro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-8250