Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Sábado, 30 de decembro de 1995 Páx. 9.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4333 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras

Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,

Atorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liñas de media tensión en condcutor LA-56 de 55 mm de sección, sobre torres metálicas tipo C segundo RU-6704A, cunha loxitude de 1.312 e 187 metros. Dous centros de transformación de 100 kVA de 20.000/380-220 V, sobre torre metálica o remate da liña de media tensión nos lugares de Gondrás e Cruz de Venda. Liñas de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Gondrás e Cruz de Venda, no concello de Cervo.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 14 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-07964