Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da providencia de incoación dos expedientes sancionadores I-106/95.1 (incendios-Pontevedra) e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación

de expedientes sancionadores (I-106/95.1; I-106/95.2; I-218/95; I-222/95; I-228/95; I-234/95.1; I-235/95.1) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Indendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para que achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de DCIF, sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993 do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 12 de setembro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Preceptos

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoInfrinxidoSancionadorSanción

I-106/95.1Ander Imanol Fontán Barreiro

Trav. Mendieta Zaharbide, 2-2ºA

Sopelana-Vizcaya

Acampada ilegal e queima sen autorización.Art. 136H) e 137B) do regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais. 7.000
I-106/95.2Avelino Aresti Egaña

C/. Larrauri, 22

Bilbao

Acampada ilegal e queima sen autorización.Art. 136H) e 137B) do regulamento da Lei de incendios forestais.Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais. 7.000
I-218/95José Varela Diz

Rúa Framil-Baión

36614-Vilanova de Arousa

Abandono vehículo.Art. 137E) do regulamento da Lei de incendios.Art. 139 do regulamento da Lei de incendios. 50.000
I-222/95José Ángel Vázquez Amil

Penalonga-Meirol

3677-Mondariz

Abandono vehículo.Art. 137E) do regulamento da Lei de incendios.Art. 139 do regulamento da Lei de incendios. 50.000
I-228/95José Manuel López Avión

Sta. Mª Tebra-Samuelle

36740-Tomiño

Queima en época de máximo perigo.Art. 138A) do regulamento da Lei de incendios.Art. 139 do regulamento da Lei de incendios. 10.000
I-234/95.1César José Blanco Escaso

Montecelo Bajo, 72-2º

36207-Vigo

Acampada ilegal e facer lume en época de máximo perigo.Art. 136H) e 138A) do regulamento da Lei de incendios.Art. 139 do regulamento da Lei de incendios.10.000
I-235/95.1Javier Vilas González

Virxen dos Remedios 1-4ºB

36860-Ponteareas

Acampada ilegal e facer lume en época de máximo perigoArt. 136H) e 138A) do regulamento da Lei de incendios.Art. 139 do regulamento da Lei de incendios.10.000

8160