De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución de dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 12 de setembro de 1995.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: I-177/94.3
Denunciado: Marcos H. Veiga García.
Enderezo: R/ López Mora, 42-1º. 36214-Vigo.
Feito denunciado: acampada ilegal e facer lume sen autorización.
Precepto infrinxido: Art. 136 H) e 137 B) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 5.000 ptas.
8158