Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás de Ourense, polo que se anuncia a contratación do servicio de seguridade polo procedemento aberto mediante concurso (tramitación urxente) e expediente anticipado de gasto.

Concurso público 4/1995: contratación do Servicio de Seguridade para o Hospital Sta. Maria Madre.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia-expediente anticipado de gasto.

Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas no servicio obxeto do presente prego.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 10 do PCAP que rexe o presente concurso.

Orzamento: 17.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 1 ano.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares poderanse examinar na Dirección de Xestión e Servicios Xerais ( Servicio de Subministración-Compras) do Hospital Sta. María Madre, estando a mesma a disposición dos concursantes no referido servicio.

Prazo de presentación de proposicións: deberán de presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo, dirixidos o Servicio Galego de Saúde, e ademais, nos lugares ós que se refire ó artigo 38.4º da Lei 30/1992 do 6 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 24 88 98, ou telegrama no mesmo día, de conformidade có artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado

Apertura de proposicións: será realizada a partir das 10 horas do décimo terceiro día natural seguinte o peche do prazo de admisión de proposicións.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 14 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 15-9-1994)

Miguel A. Santalices Vieira

Director xerente do complexo hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás

9508364