Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto por expediente anticipado de gasto, tramitación urxente, para a redacción do proxecto básico e de execución da reforma do local para o centro de saúde de Vimianzo (A Coruña).

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: reforma do local para o centro de saúde de Vimianzo (A Coruña).

Orzamento de contrata: 2.948.100 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Tramitación: urxente.

Exposición de documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acreditar-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do PCAP.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do PCAP que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: realizaraa a Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995.

P.D. (Decreto 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

8116