Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración da Plataforma Tecnolóxica do Servicio Galego de Colocación.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público aberto da subministración que se cita:

Obxecto: subministración da Plataforma Tecnolóxica do Servicio Galego de Colocación.

Orzamento de licitación: sesenta e oito millóns oitocentas mil pesetas (68.800.000 ptas.).

Lote I: 31.000.000 de ptas.

Lote II: 6.700.000 ptas.

Lote III: 31.100.000 ptas.

Prazo de entrega: 20 días contados desde a sinatura do contrato.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Lote I: 620.000 ptas.

Lote II: 134.000 ptas.

Lote III: 622.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación ou dos lotes que se adxudiquen.

Documentación de interese para os licitadores: estará á súa disposición durante o prazo de presentación das proposicións, desde as 9 ata as 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela).

Presentación das proposicións: as proposicións elaboraranse seguindo o modelo que figura no prego de clásulas administrativas particulares e deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do día 3 de febreiro de 1996.

Apertura das proposicións: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

95-08362