Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a licitación en procedemento aberto polo sistema de concurso, segundo o disposto na Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, dun seguro colectivo de accidentes no mar.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos-os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público para a contratación dun seguro colectivo de accidentes no mar.

Orzamento base de licitación: cento corenta e cinco millóns de pesetas (145.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: un ano contado desde as 12 horas do 20 de febreiro de 1996 ata as 12 horas do 12 de febreiro de 1997.

Garantías esixidas: fianza definitiva de cinco millóns oitocentas mil pesetas (5.800.000 ptas.), equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

Lugar de exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares, especificacións técnicas e demais información complementaria: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, na rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 63 46. Telefax (981) 54 62 88; así como nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Presentación de proposicións:

a) Datas de presentación: desde a publicación do anuncio de licitación no DOCE, BOE ou DOG, ata as catorce horas do día 2 de febreiro de 1996.

b) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura; edificio administrativo de San Caetano; 15704 Santiago de Compostela, e en todos aqueles que se establece no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, sendo de aplicación cando se optase por este procedemento, o establecido en 4.1.2 e 4.1.3 do prego de cláusulas administrativas particulares que regula o concurso.

c) Forma de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso.

Apertura de proposicións: procederase á apertura das proposicións económicas en acto público ás doce horas do día 11 de febreiro de 1996, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, no enderezo que xa consta neste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas, faise contar que o presente anuncio foi remitido, para a súa publicación, ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas, con data 12 do actual.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

Samuel J. Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

95-08370