Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a contratación dunha consultoría e asistencia para traslado de mobiliario e utensilios.

Obxecto: traslado de mobiliario e utensilios da residencia asistida Virxe de Covadonga á residencia asistida de Oleiros.

Tipo de licitación: 3.600.000 ptas. (IVE engadido).

Prazo de execución: 15 días.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso. Tramitación anticipada.

Garantía provisional: 72.000 ptas.

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais ou en calquera das delegacións da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán adxuntar os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que desexen face-la súa inscrición no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia deberán indicalo en documento á parte grampado exteriormente ó sobre da documentación persoal.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

95-08329