Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto de gasto anticipado mediante concurso, da contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo para o Hospital da Costa (C.P. 5/1995).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela en virtude das atribucións que lle forón delegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7º da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto de gasto anticipado mediante concurso, da contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo do Hospital da Costa.

Obxecto e orzamento: contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo por un orzamento de 6.000.000 de ptas. (seis millóns), IVE incluído.

Prazo de entrega: desde a sintura do contrato ata o 31 de decembro de 1996 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, Tlfno. (982) 58 99 07 e fax (982)

58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

Adminsión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e financeira: deberán acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios da adxudicación.

1º.-Prezo.

2º.-Control de calidade.

3º.-Prazos de entrega e recollida.

4º.-Sistema de comunicación co hospital.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación da proposición: as porposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 16 de novembro de 1995.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

95-08361