Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada de expediente de gasto para a contratación do servicio de vixilancia dos seguintes centros: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e do Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos da administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato de servicio de vixilancia dos seguintes centros: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e do Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

Obxecto: contratación do servicio de vixilancia dos seguintes centros: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

Orzamento e tipo: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000) impostos incluídos.

Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán a disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Investigacións Mariñas (Rúa dos Irmandiños, s/n. Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería.

Prazo e presentación das propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de

Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil, contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

8018