Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da concesión de explotación Flores 4.671.

O artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da concesión de explotación Flores 4.671, situada nos lugares de Santo Estevo, no concello de Allariz, provincia de Ourense.

2.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Ourense.

* Concello de Allariz.

3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega

do Medio Ambiente

8316