Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Plásticos de Galicia, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Plásticos de Galicia, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-9-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data 19-7-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia,

ACORDA:

Primero.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenos colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 16 de outubro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado Provincial de Pontevedra

Reunidos a dirección e o comité de empresa de Plásticos de Galicia, S.A., acordan a aplicación do seguinte pacto de extensión ó X convenio xeral da industria química, aplicable en Plásticos de Galicia, S.A., rúa 1ª Travesía álcalde Portanet, nº 8, Vigo (Pontevedra).

1.-Este pacto afectará a totalidade do cadro de persoal de Plásticos de Galicia, S.A., tanto actual coma futuro e a tódolos seus centros de traballo.

2.-Terá vixencia para os anos 1995 e 1996, prorrogarase automaticamente para os anos posteriores mentres non sexa denunciado por calquera das dúas partes asinantes. A denuncia de este pacto poderá facerse por escrito entregándollo para o efecto a outra parte dentro do cuarto trimestre do ano en curso. Calquera pacto posterior que anule ou modifique o presente, deberá ser notificado e rexistrado na mesma delegación de traballo que este, para a súa constancia oficial.

3.-Con independencia de que este documento recolla as melloras que colectivamente desfrutarán tódolos traballadores de Plásticos de Galicia, S.A., como extensión ó convenio xeral da industria química, ademais respectarase as mellores condicións que cada traballador viñese desfrutando a título individual.

4.-Pagamento de salarios.

O pagamento de salarios farase en efectivo, dentro da xornada laboral, por meses de 30 días ou ben mediante cheque ou transferencia bancaria. Cando o traballador opte por transferencia bancaria, a empresa deberá asegurarse de que o aboamento na conta corrente ou cartilla de aforro do traballador se faga dentro do último día laborable do mes na empresa. Se o pagamento se fai por cheque, este seralle entregado ó traballador o día antes do último día laborable do mes na empresa.

A distribución do salario farase en doce mensualidades ordinarias de 30 días de salarios e catro pagas extraordinarias da contía e nas datas que se indican: dúas pagas extras 30 días de salario total serán aboadas o 15 de xullo unha e o 15 de decembro a outra. As outras dúas pagas extras de 15 días de salario total, serán aboadas a primeira conxuntamente coa paga ordinaria de marzo e a segunda conxuntamente coa paga ordinaria de novembro de cada ano.

5.-Categorías profesionais.

Quedan establecidos os seguintes salarios mínimos garantizados para cada categoría profesional de acordo coa táboa que se achega como anexo I. (Tódolos traballadores de novo ingreso incluiranse nos grupos profesionais que correspondan en concordancia co convenio xeral da industria química; os seus salarios serán así mesmo os actualizados da táboa salarial do anexo I). Estes salarios mínimos garantidos serán incrementados coas porcentaxes resultantes da aplicación dos incrementos e revisións salariais que cada ano fixe o convenio xeral da industria química.

6.-ILT

Ós traballadores en situación de ILT a empresa complementaralle-las prestacións ata o 90% do salario total (así como se vén facendo ata esta data), desde o primeiro día da baixa. Nos casos de hospitalización, accidente de traballo, enfermidade profesional ou maternidade, a empresa complementará as prestacións ata o 100% do salario total desde o primeiro día da baixa, así como a súa convalecencia posterior.

7.-Xornada de traballo.

Os días que se traballará en Plásticos de Galicia, S.A., serán 225 días laborables/ano (en horario de 8 horas diarias de luns a venres). Dentro desta xornada están incluídos 15 minutos de descanso de tempo de bocadillo. Esta xornada manterase mentres leis estatais ou futuros convenios non a rebaixen.

8.-Vacacións.

As vacacións do verán emprezarán o primeiro sábado de agosto, acabarán en domingo e a súa duración será de 30 días (agás as situacións excepcionais previstas na lexislación vixente ou o previsto no punto 9). Así mesmo estableceranse quendas organizadas para garanti-lo servicio de pedidos durante o mes de agosto de forma voluntaria. Se o número de persoas voluntarias fose inferior a quince, os que falten fixaranse de forma obrigatoria por sorteo. O cadro de distribución das vacacións será exposto nos taboleiros de anuncios para xeral coñecemento como data límite o 30 de abril de cada ano.

As vacacións serán retribuídas conforme o promedio obtido por cada traballador por tódolos conceptos en xornada normal nos tres meses anteriores a data do inicio destas.

Aqueles traballadores que estean de baixa por ILT ou accidente de traballo ó inicio das vacacións, empezarán a desfrutalas en canto sexan dados de alta, se o proceso productivo o permite. (En calquera caso dentro do ano en curso).

Tódolos traballadores de Plásticos de Galicia, S.A., independentemente do tempo que estivesen de baixa por maternidade, ILT ou accidente de traballo, desfrutarán de 30 días de vacacións.

9.-Días inhábiles e días sobrantes.

Inhábiles. Os días 5 de xaneiro, 24 e 31 de decembro serán considerados días inhábiles, (no caso de non chega-lo número de días a traballar para acadar os 225 días, calquera destes poderán ser considerados días de vacacións, e polo tanto, serían reducidos os días laborables que correspondesen das vacacións do verán).

Dias sobrantes. Unha vez completados os festivos, fixadas as vacacións e computados os inhábiles do parágrafo anterior, de existiren días laborables que excedan dos 225, estes serán considerados inhábiles e desfrutados en pontes ata un máximo de tres; o resto, se os houber, serán fixados de común acordo pola dirección e o comité de empresa, e se non houbese acordo na fixación destas datas, estes serían fixados no período do Nadal ou do peche de inventario.

Para o ano 1996, ámbalas dúas partes comprométense a te-lo calendario laboral aprobado antes do 31 de xaneiro de 1996.

10.-Licencias e permisos.

De acordo coa relación adxunta no anexo número V.

11.-Axuda escolar.

Creouse este fondo de axuda escolar como parte da masa salarial para os traballadores e os seus fillos.

Para optar á súa concesión deberá acompañarse coa solicitude, os comprobantes de estar matriculado nos estudios ou cursos oficiais para o cal se solicite. Será oboada pola empresa antes do 30 de setembro de cada ano para os traballadores que teñan entregada a documentación ata o 25 de setembro; ós restantes aboaráselles unha vez entregada a documentación para o efecto. Serán baneficiarios dela, tanto os traballadores coma os seus fillos na contía que se indica no anexo IV, que deberá ser incrementada cada ano na mesma porcentaxe co incremento salarial e revisións salariais do ano en cuestión.

12.-Economato.

Os traballadores de Plásticos de Galicia, S.A teñen dereito ós servicios de compras no economato laboral Povelco, ó que está asociada a empresa.

Como consecuencia do referéndum para acepta-la proposta da empresa de saír del, celebrado o día 16 de xuño de 1995, este dereito só se manterá ata o 31 de decembro do mesmo ano.

De seguido prodecerase a aplica-lo seguinte acordo: a cantidade que figura na masa salarial bruta como custo (4.754.064 ptas.), será distribuído linealmente entre tódolos traballadores. O importe mensual dela será de 1.932 ptas. por 15 pagas ó ano e aplicado o dito incremento ó salario base de cada categoría e grupo profesional, co cal serán incrementadas as táboas salariais base partir da citada data. Deste xeito, quedaría consolidada a dita cantidade e sería incrementada anualmente na mesma porcentaxe có salario base.

13.-Pluses obrigatorios.

Os pluses de nocturnidade, toxicidade e penosidade calcularanse a razón do 25% sobre a táboa de salarios base indicada no anexo II, aumentándoa cada ano na porcentaxe de incremento e revisións salariais fixados no convenio colectivo.

14.-Antigüidade.

As bases para o cálculo da retribución por antigüidade, ficarán conxeladas nas súas bases de cálculo vixentes o 31 de decembro do 1991 para cada categoría e grupos profesionais que se xunta como anexo III. A retribución por antigüidade consistirá en dous trienios e cinco quiquenios, que se calcurarán sobre as devanditas bases da seguinte maneira: 5%, ós tres anos de antigüidade; 10%, ós seis anos; 20%, ós once anos; 30%, ós dexaseis anos; 40%, ós vinteún anos; 50%, ós vinteseis anos; e o 60% (tope máximo), ós trinta e un anos. As novas antigüidades empezarán a devengarse no mesmo mes no que estas se cumpran, cando a data de ingreso do traballador na empresa sexa do día 1 á 5 inclusive. Se a data de ingreso do traballador fose do día 6 á fin de mes, a nova antigüidade empezará a devengarse, e polo tanto a cobrala, a partir do mes seguinte.

15.-Criterio de aplicación para o ano 1995 do incremento salarial do 3,5% da masa salarial bruta indicado no artigo 31 do X convenio xeral da industria química para Plásticos de Galicia, S.A.

1) Plus convenio.

Os conceptos salariais vixentes ata o año 1991 da prima de asistencia, prima de puntualidade e gratificación voluntaria, refundíronse nun único concepto de carácter persoal e individual para cada traballador, que pasa a denominarse plus convenio. Este plus percibirao cada traballador en proporción ó tempo de traballo nas mesmas condicións có salario base.

2) Grupo 0.

Por non existir actualmente grupo 0 na empresa e para os efectos de prepara-la masa salarial sen grupo 0, tal como indica o parágrafo «Notas 1» do apartado I do artigo 31 do convenio, excluirase a masa salarial correspondente os órganos da dirección, que para o año 1994 estaba fixada en 50.611.515 pesetas que corresponden a 10 persoas, e queda a masa salarial depurada e homoxeneizada do 1994 fixada na cantidade de 421.357.782 pesetas.

O incremento propiamente dito aplicarase con suxeición literal e estricta á letra do convenio, o 3,5% da masa salarial bruta, depurada e homoxeneizada que o convenio indica no apartado II A.: «utilizarase para incrementar de maneira directamente proporcional o salario total exceptuando a antigüidade», de forma que os dous conceptos salariais sobre os que se aplicará, que son salario base (segundo a categoría de cada traballador), e plus convenio (persoal de cada traballador), aumentan na mesma proporción ós seus valores vixentes no 31-12-1994.

3) Tal coma se vén aplicando nos anos anteriores, as bases para o cálculo dos pluses de nocturnidade, toxicidade e penosidade, son as correspondentes ó ano 1994 incrementadas co 3,5% indicado no X convenio xeral da industria química para o ano 1995 sen detraccións.

16.-O incremento salarial para 1996 será tal como indica o apartado II B do artigo 31 do convenio xeral da industria química.

17.-A revisión salarial para os anos 1995 e 1996 será tal e como indica o artigo 35, (cláusula de revisión salarial, 35º A, para 1995 e 35º B, para 1996) do convenio xeral de industria química.

Os acordos contidos neste pacto de empresa, son considerados condición máis beneficiosa para os trablladores de Plásticos de Galicia, S.A., en relación ó convenio xeral da industria química.

Vigo, xullo de 1995.

A dirección O comité de empresa

Modesto Basnante Vázquez, DNI: 33.204.749.

Antonio Vidal Herbello, DNI: 36.011.857.

Adolfo Fernández González, DNI: 36.005.196.

Antonio Vázquez Baca, DNI: 76.687.086.

Jaime Costas Porto, DNI: 35.999.879.

Ventura Lago Paz, DNI: 35.972.284.

Ángel Barreiro Solla, DNI: 35.989.366.

Ramón González López, DNI: 35.818.441.

Bernardo Costas Fernández, DNI: 36.000.723.

Manuel C. Pose Mosquera, DNI: 35.946.803.

-Comisión paritaria.

Establécese a comisión paritaria do pacto de extensión do X convenio xeral da industria química como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do pacto de extensión antes descrito.

Para todas aquelas cuestións que deriven da interpretación do X convenio xeral da industria química haberá que aterse ó disposto no capítulo XV do citado convenio.

A comisión estará integrada polos seguintes membros:

-Tres representantes da parte social.

-Tres representantes da parte empresarial.

Vigo, 2 outubro de 1995.

A empresa O comité de empresa

ANEXO I

Táboa salarial base 1995

Incremento do 3,9324%

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

1Director técnico Advo. ou

financeiro

3.748.515249.901
2Xerente3.748.515249.901
3Médico3.748.515249.901
4Técnico medio3.145.935209.729
5Axudante técnico2.722.425181.495
6Encargado2.364.105157.607
7Capataz2.214.990147.666
8Debuxante artístico3.145.935209.729
9Debuxante de primeira2.457.450163.830
10Delineante proxectista2.591.490172.766
11Programador de ordenadores2.366.565157.771
12Operador de ordenadores2.273.985151.599
13Xefe de sección2.524.950168.330
14Técnico de organización2.185.065145.671
15Auxiliar de organización2.077.680138.512
16Xefe Advo. de primeira3.145.950209.730
17Xefe Advo. de segunda2.763.270184.218
18Oficial Advo. de primeira2.402.775160.185
19Oficial Advo. de segunda2.272.380151.492
20Auxiliar administrativo2.019.840134.656
21Telefonista2.019.840134.656
22Oficial de 1ª A.

Oficios auxiliares

2.333.790155.586
23Oficial de 1ª B.

Oficios auxiliares

2.197.590146.506
24Oficial de 1ª C.

Oficios auxiliares

2.109.135140.609
25Oficial de 2ª A.

Oficios auxiliares

2.067.510137.834
26Oficial de 2ª B.

Oficios auxiliares

1.999.440133.296
27Oficial de 3ª.

Oficios auxiliares

1.982.790132.186
28Profesional de 1ª1.999.440133.296
29Profesional de 2ª1.982.790132.186
30Axudante especialista1.948.755129.917

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

31Garda1.936.245129.083
32Peón1.948.755129.917
33Limpadora1.935.090129.006
41Grupo profesional 11.415.28094.352
42Grupo profesional 21.514.325100.955
43Grupo profesional 31.641.705109.447
44Grupo profesional 41.825.695121.713
45Grupo profesional 52.080.380138.692
46Grupo profesional 62.434.260162.284
47Grupo profesional 72.957.895197.193
48Grupo profesional 83.750.450250.030

ANEXO II

Táboa salarial base plus de penosidade, toxicidade e nocturnidade 1995

Incremento do 3,5%

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

1Director técnico Advo. ou

financeiro

3.608.055240.537
2Xerente3.608.055240.537
3Médico3.608.055240.537
4Técnico medio3.028.050201.870
5Axudante técnico2.620.425174.695
6Encargado2.275.530151.702
7Capataz2.131.980142.132
8Debuxante artístico3.028.050201.870
9Debuxante de primeira2.365.365157.691
10Delineante proxectista2.494.365166.291
11Programador de ordenadores2.277.885151.859
12Operador de ordenadores2.188.785145.919
13Xefe de sección2.430.315162.021
14Técnico de organización2.103.180140.212
15Auxiliar de organización1.999.830133.322
16Xefe Advo. de primeira3.028.080201.872
17Xefe Advo. de segunda2.659.710177.314
18Oficial Advo. de primeira2.312.745154.183
19Oficial Advo. de segunda2.187.240145.816
20Auxiliar administrativo1.944.135129.609
21Telefonista1.944.135129.609
22Oficial de 1ª A.

Oficios auxiliares

2.246.340149.756
23Oficial de 1ª B.

Oficios auxiliares

2.115.255141.017
24Oficial de 1ª C.

Oficios auxiliares

2.030.115135.341
25Oficial de 2ª A.

Oficios auxiliares

1.990.020132.668
26Oficial de 2ª B.

Oficios auxiliares

1.924.515128.301
27Oficial de 3ª.

Oficios auxiliares

1.908.495127.233
28Profesional de 1ª1.924.515128.301
29Profesional de 2ª1.908.495127.233
30Axudante especialista1.875.735125.049
31Garda1.863.705124.247

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

32Peón1.875.735125.049
33Limpadora1.862.580124.172
41Grupo profesional 11.362.24090.816
42Grupo profesional 21.457.61097.174
43Grupo profesional 31.580.190105.346
44Grupo profesional 41.757.280117.152
45Grupo profesional 52.002.425133.495
46Grupo profesional 62.343.045156.203
47Grupo profesional 72.847.075189.805
48Grupo profesional 83.609.915240.661

ANEXO III

Táboa salarial base antigüidade 1995

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

1Director técnico Advo. ou

financeiro

2.952.675196.845
2Xerente2.952.675196.845
3Médico2.952.675196.845
4Técnico medio2.478.030165.202
5Axudante técnico2.144.445142.963
6Encargado1.862.190124.146
7Capataz1.744.725116.315
8Debuxante artístico2.478.030165.202
9Debuxante de primeira1.935.720129.048
10Delineante proxectista2.041.290136.086
11Programador de ordenadores1.864.125124.275
12Operador de ordenadores1.791.210119.414
13Xefe de sección1.988.880132.592
14Técnico de organización1.721.160114.744
15Auxiliar de organización1.636.575109.105
16Xefe Advo. de primeira2.478.045165.203
17Xefe Advo. de segunda2.176.605145.107
18Oficial Advo. de primeira1.892.655126.177
19Oficial Advo. de segunda1.789.935119.329
20Auxiliar administrativo1.591.005106.067
21Telefonista1.591.005106.067
22Oficial de 1ª A.

Oficios auxiliares

1.838.310122.554
23Oficial de 1ª B.

Oficios auxiliares

1.731.030115.402
24Oficial de 1ª C.

Oficios auxiliares

1.661.335110.757
25Oficial de 2ª A.

Oficios auxiliares

1.628.550108.570
26Oficial de 2ª B.

Oficios auxiliares

1.574.940104.996
27Oficial de 3ª.

Oficios auxiliares

1.561.830104.122
28Profesional de 1ª1.574.940104.996
29Profesional de 2ª1.561.830104.122
30Axudante especialista1.535.025102.335
31Garda1.525.170101.678
32Peón1.535.025102.335
33Limpadora1.524.255101.617
41Grupo profesional 11.114.80074.320
42Grupo profesional 21.192.83079.522

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

43Grupo profesional 31.293.16586.211
44Grupo profesional 41.438.09595.873
45Grupo profesional 51.638.705109.247
46Grupo profesional 61.917.450127.830
47Grupo profesional 72.329.920155.328
48Grupo profesional 82.954.205196.947

ANEXO IV

Axuda escolar. Curso 1995-1996

Importe por curso (ptas./ano):

Pesetas

Pre-escolar6.600
Ensinanza Xeral básica 1º e 2º7.500
Ensinanza Xeral básica 3º e 4º10.700
Ensinanza Xeral básica 5º e 6º12.600
Ensinanza Xeral básica 7º e 8º15.000
Bacharelato Unificado Polivalente (BUP)17.000
Curso de Orientación Universitaria (COU)19.100
Formación profesional17.000
Escolas técnicas e maxisterio31.300
Universidade31.300

ANEXO V

Cadro de licencias retribuídas para o persoal desta empresa.

(Aprobado pola empresa con data 20-10-1982)

1. Quince días naturais nos casos de matrimonio.

2. Dous días por parto da esposa, que poderán ser prorrogados por dous máis no caso de xustificación de enfermidade ou cando o traballador teña necesidade de reallizar un desprazamento para o efecto.

3. Tres días naturais no caso de grave enfermidade ou morte dos pais, pais políticos, avós, avós políticos, fillos, fillos políticos, netos, esposa ou esposo, irmáns e irmáns políticos, que poderán ampliarse a cinco cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

4. Un día natural no caso de morte de tíos e tíos políticos.

5. Un día natural no caso de matrimonio de fillos, pais ou irmáns, na data de celebración da cerimonia.

6. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

7. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que ater ó que dispoña en canto a duración da ausencia e compensación económica.

8. Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional, nos

supostos e na forma regulados pola lexislación vixente.

9. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

En canto ós sinalados nos números 1 ó 3, nos casos extraordinarios debidamente acreditados, tales licencias outorgaranse polo tempo que sexa preciso segundo as circunstancias, e conviranse as condicións da concesión e poderá acordarse a non percepción de haberes.

Nota aclaratoria: o aviso das ausencias debe ser previo, razoablemente previo, segundo as circunstancias; a xustificación, pode ser posterior, e normalmente o será, porque esta consiste na proba de que efectivamente a ausencia investiuse no motivo legal preavisado.

95-08303