Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995 pola que se anuncian diversos concursos públicos, polo procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se citan (expedientes números 68/1995 e 69/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto os seguintes concursos públicos para a adxudicación das subministracións que a continuación se relacionan:

Obxecto:

-Espectrofotómetros VIS-UV, expediente número 68/1995.

-Microscopio de medición de gretas, expediente número 69/1995.

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega:

-Expediente 68/1995: 2.170.000 ptas. IVE incluído. Sete semanas.

-Expediente 69/1995: 3.680.000 ptas. IVE incluído. Cinco semanas.

Licitadores:

Persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías:

As sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas:

Tódolos interesados podera consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas:

As propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1, planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación:

O prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas:

Terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto nº 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica, polos licitadores:

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

-Solvenica técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, incorporando os correspondentes certificados sobre eles.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase nun ano contado desde a súa recepción.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo dos adxudicatarios.

Vigo, 12 de decembro de 1995.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

95-7801