Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de novembro de 1995 de notificación de requerimento de pagamento ós debedores que se relacionan por resultaren descoñecidos os seus domicilios (expediente PO-80/530, Cta. 78 e seis máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido da V.P.O., Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968 do 24 de xullo, o requerimento de pago dos recibos pendentes e que ascenden as cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de V.P.O. antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concedéselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que, en caso contrario,se procedera á resolución do seu contrato e incoación do oportuno

expediente de desafiuzamento administrativo co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Faíselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-José Rivas Piñeiro

Expte: PO-83/530. Cta 45

R/ da Pega, nº 1-1º C, Vigo.

1.164.706 ptas.

-Carlos Manuel Teixeira Jiménez

Expte: PO-83/440. Cta.78

Avda de Galicia nº 65, portal 12-2º D, Vigo.

953.997 ptas.

-Jesús Teixeira Jiménez

Expte: PO-83/440. Cta 87

Avda de Galicia nº 65, portal 12-4ºE, Vigo.

895.978 ptas.

-José E. Martínez Sabarís

Expte: PO-83/460. Cta 2

R/ Menéndez Pelayo, 17, 2º-E, Vigo.

838.803 ptas.

-Manuel Ares Maroño

Expte: C-90. Cta 30

R/ Interior grupo vivendas Sta. Cristina (Palavea).

Bloque 1, portal 1-3º C, A Coruña.

19.800 ptas.

-Zoilo Basanta León

Expte: C-90. Cta 306

R/ Interior grupo vivendas Sta. Cristina (Palavea).

Bloque 10, portal 10-2º B, A Coruña.

15.405 ptas.

-Antonia Díaz Jiménez

Expte: C-82/040. Cta 35

R/ Touro, 28 (Polígono de Vite).

Portal 28, 1º A-5º B, Santiago de Compostela.

630.262 ptas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

95-08282