Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia acordo da Comisión Provincial da Vivenda do 17 de marzo de 1995, pola que se adxudican vivendas de protección oficial de promoción pública.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro), notifícaselle a Ricardo Alejandro Pereira, con domicilio en San Mateo-Penavella, 15, en Ponteareas, que por reuni-los requisitos establecidos no artigo 49 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro e no Decreto 98/1992 sobre adxudicación de vivendas, a Comisión Provincial de Vivenda por acordo do 17 de marzo de 1995, procedeu a adxudicarlle, en réxime de propiedade, a vivenda sita no portal 2, 2º F, con rocho e garaxe vinculados, promovidas na localidade de Ponteareas ó abeiro do expediente PO-92/010, polo prezo de 4.321.761 ptas.

No prazo máximo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, deberán facer efectivo na conta 311000004/6 Axencia Urbana 1 de Caixa Galicia en Pontevedra o ingreso de 172.870 ptas, en concepto de IVE e 95.000 ptas, importe de provisión de fondos, ingreso que, unha vez efectuado, se acreditará ante a Xefatura Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, en Pontevedra.

Así mesmo, queda apercibido de que a falta da xustificación documental do ingreso das cantidades sinaladas no prazo indicado deixará sen efecto a adxudicación da vivenda.

Pontevedra, 17 de novembro de 1995.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra

8112