Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

EXTRACTO do anuncio de convocatoria.

Nome da oposición: concurso para a contratación, por tempo indefinido, do persoal para os postos de traballo vacantes no cadro laboral deste concello.

Corporación que a convoca: Concello da Rúa (provincia de Ourense).

Clase e número de prazas:

-Unha praza de peón para a recollida de lixo e colaboración.

-Unha praza de peón para limpeza de rúas e colaboración.

-Unha praza de peón para atención de instalacións deportivas.

-Unha de administrativo: bibliotecario/a.

Publicación das bases e convocatoria: BOP da provincia de Ourense, correspondente ó día 13 de novembro de 1993, nº 260.

No devandito BOP publicaranse os sucesivos anuncios relativos ás probas selectivas convocadas.

O que se fai público para xeral coñecemento, na Rúa o 14 de novembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

O secretario xeral

Rubricado

95-7802