Obxecto.-Subministración de mobiliario con destino á biblioteca municipal do Castrillón (referencia S95/172).
Tipo de licitación.-13.400.000 pesetas (IVE incluído).
Garantías.-Provisional, 268.000 pesetas; definitiva, 4% do importe da adxudicación.
Modelo de proposición.-As proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para subministración de mobiliario con destino á biblioteca municipal do Castrillón, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición na que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...
En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.
Data e sinatura do/a propoñente.
Presentación de proposicións.-Presentaranse en sobre cerrado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
Prego de condicións.-Poderán ser examinados e retirada copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de María Pita, número 1, 15001, A Coruña.
A Coruña, 7 de novembro de 1995.
O alcalde
P.D.
Rubricado
7530