Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da construcción do centro de saúde de San Sadurniño (A Coruña).

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: construcción do centro de Saúde de San Sadurniño (A Coruña).

Orzamento da contrata: 2.618.499 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Exposición de documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: realizaráse pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Directo xeral de Recursos Económicos

7529