Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1995, da Comisión de Goberno Municipal da Coruña, pola que se anuncia concurso para a adquisición dunha filmadora.

Obxecto.-Subministración dunha filmadora co seu correspondente RIP e procesador, con destino ó Departamento de Imaxe (referencia S95/114).

Tipo de licitación.-9.345.000 pesetas (IVE incluído).

Garantías.-Provisional, 186.900 pesetas; definitiva, 4% do importe da adxudicación.

Modelo de proposición.-As proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para subministración dunha filmadora con destino ó Departamento de Imaxe, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición na que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do/da propoñente.

Presentación de proposicións.-Presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións.-Poderán ser examinados e retirada copia do Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de María Pita, número 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 7 de novembro de 1995.

O alcalde

P.D.

Rubricado

95-07730