Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, como órgano substantivo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental relativo ó proxecto de explotación de cuarzo da concesión de explotación El Castillo número 1.963, en terreos do termo municipal da Estrada.

De conformidade co artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, estará exposto ó público nas oficinas da Delegación de Industria e Comercio en Pontevedra, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, duran

te horas de oficina e por un período de trinta días hábiles a partir do seguinte ó da data desta publicación, o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación de cuarzo como concesión de explotación El Castillo nº 1.963, desta provincia, solicitada por Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA), sobre unha extensión de 163 pertenzas, sita no termo municipal da Estrada, lugares de Regato do Castelo e outros, parroquia de Castro e San Miguel.

Visto o expediente, os que se consideren interesados, poderán formula-las alegacións que consideren oportunas no prazo indicado anteriormente; transcorrido este, non se admitirán alegacións.

Pontevedra, 10 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7985