Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública. (Expediente número 4259 A.T., expropiación número 152).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Viveiro, 4, solicitando a declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-L.M.T. ó C.T. Pulleira, -Reelectrificación de Triabá-, no termo municipal de Castro de Rei, autorizada e declarada de utilidade pública, en concreto, por resolución desta delegación do 13 de xuño de 1995.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 10 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liñaa: L.M.T. ó C.T. de Pulleira. Relectrificación de Triabá, 3ª fase Concello: Castro de Rei

PrediosPropietariosAfección

LugarParroquiaCultivoNome e apelidosDomicilioSuperficieApoios

5Riba das

Chousas

TriabáPradoJosé Rozas RozasRego de Bouzas, nº 6,

Triabá

20 m lineais, 280 m
6Riba das

Chousas

TriabáPradoManuel García QuirogaPulleira, nº 3, Triabá,

C. de Rei

10 m lineais, 70 m
7Riba das

Chousas

TriabáPlantación pinos

e 5 robles

José Mª García QuirogaMoncelos, Abadín126 m lineais,1764 mnº 3 (0,50 m),

nº 4 (1,25m)

8Junto

casa

Triabá1 fresno de tamaño

medio

Manuel García QuirogaPulleira, nº 3, Triabá,

C. de Rei

2 m lineais, 10 m

95-08207